Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Centro de recuperación da memoria, na Illa de San Simón

AGE pregunta sobre o futuro da Illa de San Simón

Sociedade 10/01/2014
  Envía a túa opinión

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) insta á Xunta de Galicia a elaborar un Plan de xestión cultural que garanta o funcionamento da Illa de San Simón. O DOG publicou onte a extinción desta fundación o que supón o remate do desmantelamento dun proxecto de dinamización do tecido cultural, etnográfico, histórico e natural de Galicia por parte do Partido Popular. Ante a falla de información sobre o seu futuro, Alternativa Galega de Esquerda solicitou no Parlamento que se aclare cal vai a ser o futuro das instalacións, qué actividade cultural se ten realizado ou se vai ser entregada a algunha empresa afín do PP para ser xestionada ou explotada turisticamente.


Fotografía Arquivo

Os hospitais galegos prepáranse para cobrar os fármacos

Sociedade 10/01/2014
  Envía a túa opinión

Os centros hospitalarios do SERGAS ultiman a preparación do sistema de cobro dos medicamentos dispensados nos propios complexos. A data de inicio do copago ainda non está fixada, segundo indicou o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo.   Iso si, admitiu que "probablemente haxa un problema de incorrección de comunicación interna entre os distintos servizos de saúde do Ministerio" e sinalou que o que habería que reflexionar é se resulta anticipado cobrar nos hospitais "sen un previo acondicionamento para a facturación" dos fármacos.


Elena Gallego na Feira Internacional do Libro de Guadalaxara (México)

Elena Gallego: "Somos a memoria"

Sociedade 23/12/2013
  Envía a túa opinión

Elena Gallego prepara a cuarta entrega de Dragal, unha saga de novelas que se levará á televisión e que hoxe en día deron lugar a un proxecto educativo en liña. Barállase asimesmo a súa conversión en videoxogo e banda deseñada. As historias da vida real con elementos máxicos que beben da tradición galega, dan para moito segundo a escritora.


A Conselleira de Sanidade, doando sangue.

Yolanda Díaz ataca a Mosquera

Sociedade 18/12/2013
  Envía a túa opinión

A viceportavoz de AGE, Yolanda Díaz, acusa ao PP de saquear e facer negocio coa sanidade pública. A viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda denuncia "a porta xiratoria entre Xunta e empresa privada" e as súas consecuencias para a saúde da cidadanía. Díaz sinalou na sesión de control parlamentario que a Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, procede da sanidade privada e sembrou dúbidas sobre o proceder desta e do PP en neste terreo.


Edda Fides, buque hotel con matrícula de Malta

Vigo si, Ferrol posiblemente

Sociedade 16/12/2013
  Envía a túa opinión

Pemex anuncia o encargo dun barco atuneiro e outros tres buques tanque ao estaleiro vigués Barreras. Ademais, ratifica a construción dun flotel na factoria e doutro en Navantia. Asegurouno en Vigo o coordinador de asesores da petroleira mexicana, Carlos Roa, no acto no que se formalizou a entrada da compañía no capital de Barreras.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros