Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Susana Seivane actua no Festival do Queixo o domingo dia 13

Moito queixo en Arzúa

Cultura 12/03/2011
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

As 10 da mañá do domingo abre as súas portas o Recinto Feiral Terra do Queixo. Conta cunha ampla mostra das distintas denominacións de orixe, nos que está ben representado o queixo galego coas denominacións de orixe galegas, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro e tamén a participación de queixerías de procedencia internacional, chegadas de Francia e Italia, así como do resto do estado como Menorca, Pirineos (Huesca) ou de Taramundi (Asturias). Ademais, haberá máis postos de produtores artesanais de diferentes artigos.


Susana Seivane actuará na Festa do Queixo de Arzúa

Tote King, Susana Seivane e os finalistas do Queixo Maquetón encherán de música Arzúa

Cultura 10/03/2011
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

Ao longo da extensa traxectoria da Festa do Queixo de Arzúa, tan gorentoso produto sempre estivo acompañado por unha intensa programación de actividades, entre as que destaca especialmente o programa musical. Tote King, Susana Seivane, Delinqüentes + Tomasito, Riobó, e a sesión musical e conferencia interactiva do lendario locutor de Radio 3, Chema Rey DJ son os protagonistas da 36 edición deste evento que arrinca mañá venres e que se prolongará ata o domingo. Canda eles, os finalistas da III concurso de maquetas Queixo Maquetón: os galegos Munich e Le Cûl e os vascos Zapatotipobota.


De esquerda a dereita, Alfredo Conde, Alfredo Padilla, Blanca Cendán e Jorge Rey

Unha versión moderna e actual de Hamlet

Cultura 02/03/2011
  Envía a túa opinión

A compañía Ainternacional estrea esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago a súa última produción, Hamlet, un traballo de investigación e laboratorio teatral sobre a célebre traxedia de William Shakespeare. Alfredo Padilla, actor especializado en teatro shakesperiano pola Royal Academy of Dramatic Art (RADA) de Londres, personifica nesta renovada versión a un príncipe de Dinamarca moderno e actual, cuxa loita interior entre o “ser ou non ser” poderá verse este sábado 5 ás 20.30 horas e domingo 6 ás 18.00, dentro da programación do Centro Dramático Galego (CDG) para o Salón Teatro.


Presentación do Antroido de Compostela 2011

O dúo de actores Nucha e Mucha apadriñan o Antroido de Compostela 2011

Sociedade 25/02/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Unha cita indiscutible para todos os composteláns, que ano a ano gaña máis adeptos. Así se presentou a edición deste ano do Antroido de Compostela, que se celebrará entre os días 5 e 9 de marzo e que contará cun programa de actividades con actuacións musicais, obradoiros de maquillaxe, concursos e desfiles.


O Bispado de Lugo denuncia aos veciños dunha parroquia

Sociedade 22/02/2011
  Envía a túa opinión

O conflito entre o Bispado de Lugo e os veciños de Ribadulla, no municipio coruñés de Santiso, pola propiedade dos terreos que os fregueses utilizan para a festa e outros eventos, chegará este xoves, en forma de demanda civil, ao xulgado de Arzúa (A Coruña). O Bispado non cedeu na reivindicación da propiedade e os veciños insisten en ser os titulares do terreo de 2.400 metros cadrados.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros