1 comentario/s - Envía a túa opinión
A 2ª festa republicana celébrase esta noite, no Café Maltés de Ferrol- Rua María 206- para conmemorar o 80 aniversario da República. Empezará ás 21.00 horas cunhas republicañas e uns petiscos (estes últimos de balde) para reivindicar dun xeito lúdico e festivo A República, como o máis lóxico sistema politico, afirman, para organizarse.
Envía a túa opinión
O xoves, 14 de abril comezan as xornadas de deporte escolar no Concello de Fene baixo a denominación de “Atletismo divertido”. Son unhas xornadas de xogo e convivencia a través do deporte. O concello xuntará no Pavillón da Xunqueira durante dous días e en horario lectivo, de 10:00 a 13:00 h, arredor de 600 nenos e nenas de todos os centros de ensino primario.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
A Confederación Intersindical Galega convoca varias folgas por mor dos impagos adebedados e os despedimentos na empresa Natalia Barros Xestión Hoteleira, máis coñecida como Pazo de Libunca. A empresa hostaleira atópase, desde o pasado 17 de xaneiro, baixo un ERE que conta co dictame contrario da Inspección de Traballo.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
A figura de Fiódor Dostoievski e a literatura rusa centrarán as IX Xornadas Literarias que organiza o Concello de Neda co gallo do Día do Líbro. As actividades arrincan mañá mércores coa conferencia inaugural “Dostoievski visionario: das ideas sociais ao todo está permitido” do profesor da Universidade de Granada, José Antonio Hita. Terá lugar na Facultade de Humanidades do Campus de Ferrol ás 19:30 horas.
Envía a túa opinión
Paixón por Ferrol. Ese é o lema da Semana Santa deste ano. Ademais das procesións, eses dias concentraranse na cidade departamental unha programación musical, exposicións e o decimocuarto salón do cabalo Equiocio.