Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Atopan mortos ao ex-alcalde de Cerceda e á súa dona

Sociedade 20/01/2011
  Envía a túa opinión

"A cama non estaba revolta,o gas estaba pechado e ata o momento da autopsia só se pode falar de conxeturas" afirmou o alcalde de Cerceda José García Liñares. O ex alcalde da localidade, Jesús Orgeira Muiño, de 67 anos, e a súa muller, Carmen Rodríguez, de 63, foron achados mortos esta tarde no seu domicilio de Pau do Lobo, aldea situada a un tres quilómetros do núcleo urbano de Cerceda. Os corpos sen vida do matrimonio foron atopados tendidos na súa cama polo seu único fillo, que se estrañou ao non obter resposta do seu pai tras varias chamadas telefónicas


O concello oferta 9 cursos de informática en total

Ordes informatízase

Sociedade 19/01/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes pon en marcha o vindeiro mes de febreiro unha nova convocatoria do Circuito Deportivo e Cultural cun amplo programa de actividades formativas para os primeiros meses do ano. Centraranse, nesta ocasión, en diferentes cursos de informática, moi demandados polos veciños e veciñas do municipio e que contan cun gran éxito de participación en cada unha das convocatorias nas que se realizan. Desde o concello ofértase para todos aqueles que estean interesados, dous cursos de iniciación a Windows XP e outros dous de perfeccionamento, que terán lugar en diferentes horarios durante os meses de febreiro e marzo.


Unha trintena de escolares ordenses participaron no obradoiro

Os xóvenes preocúpanse pola sostentabilidade medioambiental

Sociedade 18/01/2011
  Envía a túa opinión

Baixo o programa "Ordes SOStible" a concellería de Medio Ambiente de Ordes, segue a traballar en diferentes propostas que contribúan a unha maior educación ambiental dos veciños e veciñas do municipio, e nesta ocasión puxo en marcha un bloque de actividades fronte ao cambio climático. Así, na tarde de onte no Centro Comarcal de Ordes, foron un total de trinta alumnos e alumnas do IES Nº 1 os que participaron nun obradoiro promovido polo Concello, co que se pretendeu favorecer a implicación da cidadanía na loita contra o cambio climático.


Na campañas participaron 299 grupos de voluntarios/as do país

A saúde dos ríos galegos sofre unha regresión, segundo ADEGA

Sociedade 14/01/2011
  Envía a túa opinión

Proxecto Ríos, iniciativa promovida por ADEGA, vén de presentar o Informe 2010 sobre o estado de saúde dos ríos galegos. Neste informe recóllense as análises efectuadas nas campañas de primavera e outono, polos 299 grupos de voluntarios/as do país. Preséntanse os resultados das citadas inspeccións, a metodoloxía empregada na realización do informe, así como as actividades máis importantes realizadas durante o ano 2010. O informe anual permite indicar o estado de saúde das diferentes bacías a partir dos indicadores empregados polos participantes.


O concello recolle a domicilio as árbores naturais

Replantación das árbores de nadal

Sociedade 11/01/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes dende a súa Concellería de Medio Ambiente puxo en marcha un ano máis a campaña “Compra árbores con vida” a través da que animou aos seus veciños a mercar árbores naturais con raíz para que poidan ser replantados despois das festas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros