Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

Jorquera e Zapatero, esta mañá no Congreso dos Deputados

Zapatero insiste no mantemento do decreto do carbón

Sociedade 27/10/2010
  Envía a túa opinión

O Presidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero, deixou claro esta mañá ao deputado do BNG, Francisco Jorquera, que non entra nos plans do Goberno modificar o Decreto do Carbón que vai en contra das centrais térmicas galegas, segundo os nacionalistas. O portavoz do BNG na Cámara Baixa dirixíase a Zapatero na sesión de control ao Goberno para preguntarlle se está disposto a modificar o Decreto do Carbón para evitar “os seus evidentes perxuizos para Galiza”.


Cartel da Feira 2010

Os cogumelos das Pontes, por Santos

Sociedade 26/10/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de As Pontes albergará o vindeiro luns, 1 de novembro, a XXI edición da Feira de Fungos e Cogomelos, unha cita xa tradicional do outono pontés e que este ano contará cun importante cartel de actividades. A feira conserva o espírito das súas primeiras edicións con actividades xa tradicionais coma o concurso de cestas ou a degustación gastronómica, pero hai máis.


Unha forte choiva acompañou a manifestación en Ferrol

Demandan a retirada do decreto do carbón

Sociedade 24/10/2010
  Envía a túa opinión

Un milleiro de persoas, segundo a Policía Local, 5.000, segundo os organizadores, secundaron a protesta 'Polo dereito a traballar' e en contra do decreto do carbón que se celebrou en Ferrol. A marcha, convocada pola Plataforma impulsada polo BNG e os sindicatos CIG e USTG, contou coa presenza de representantes da Xunta de Galicia, os camioneiros do carbón e os traballadores das térmicas de Endesa As Pontes e Gas Natural Meirama.


Branco e Tallón puxéronse en folga de fame nunha caravana diante da Casa do Concello de As Pontes

Os dous sindicalistas abandonan a folga de fame

Sociedade 23/10/2010
  Envía a túa opinión

Os dous sindicalistas das Pontes abandonaron a folga de fame que iniciaron o pasado sábado ao recibir, de boca do portavoz do BNG no Congreso --Francisco Jorquera--, o anuncio de que o ministro de Industria, Miguel Sebastián, reunirase con eles para que lle expoñan a súa postura achega do decreto do carbón. Así o confirmou o coportavoz comarcal de CIG Ferrol, Manuel Grandal, quen destacou que, con isto, logrouse "o obxectivo dos compañeiros" Fernando Branco e Alberte Tallón, responsable comarcal de CIG nas Pontes e da sección sindical Endesa-As Pontes, respectivamente.


Guillerme Vázquez durante a visita ás Pontes

Guillerme Vázquez visita aos folguistas de fame nas Pontes

Sociedade 19/10/2010
  Envía a túa opinión

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, acusou hoxe ao Goberno Central de pretender confundir á opinión pública galega dicindo que o Decreto do Carbón non nos afectará. Vázquez, pola contra, afirma que sí prexudicará a Galiza e pon en perigo miles de postos de traballo. Guillerme Vázquez visitou esta mañá aos dous sindicalistas da CIG, Fernando Blanco e Alberte Tallón, en folga de fame indefinida fronte ao Concello das Pontes para pedir unha entrevista co Ministro de Industria e a modificación do Decreto.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros