Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Os beneficiarios deben ter recoñecida situación de dependencia en grao II e III (niveis 1 e 2)

Pola promoción da autonomía persoal e a accesibilidade

Sociedade 02/03/2011
 9 comentario/s - Envía a túa opinión

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro informa da apertura da convocatoria para a concesión de axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e a accesibilidade. Serán persoas beneficiarias as que teñan recoñecida a situación de dependencia nos seguintes graos e niveis: Grao III, nivel 1 e 2 e Grao II, nivel 1 e 2.


Algunhas das naves ubicadas no polígono

Novas naves de oficios e pañol de obras no Polígono de Espiñeira

Sociedade 02/03/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Boiro inaugurará este venres, día 4 de marzo, ás 12.00 horas, as novas naves de oficios e pañol de obras, situadas no Polígono Industrial de Espiñeira, na mesma parcela que a recentemente inaugurada sede do “Servizo Municipal de Protección Civil e Emerxencias”. Ambas construcións foron financiadas con cargo aos fondos FEIL 2009 e FEESL 2010, cun importe conxunto de algo máis de 976.000 euros. O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, presidirá a inauguración, á que está convidada a corporación municipal, proveedores e colectivos.


Cartaz do evento

Boiro reencóntrase co seu pasado arqueolóxico

Cultura 25/02/2011
  Envía a túa opinión

Este sábado arranca na Casa da Cultura de Boiro a V Edición dos Encontros Arqueolóxicos no Barbanza, que vai traer á localidade do Barbanza a 15 especialistas que van a disertar sobre diversos aspectos relacionados co patrimonio arqueolóxico. Esta V edición vai a facer especial énfase na presentación de proxectos de novos equipamentos culturais do ámbito patrimonial (museos, parques arqueolóxicos, centros de interpretación, musealización de xacementos arqueolóxicos, ...). Entre os especialistas que participarán atópanse varios arquitectos de reputado prestixio, como Manuel Gallego Jorreto, Premio Nacional de Arquitectura, que está proxectar o novo Museo da Cidade de Santiago; ou Francisco Vidal, que obtivo numerosos galardóns, e actualmente responsable da construción do edificio que vai albergar no seu interior ao monumento megalítico que se considera a catedral do megalitismo galego, o dólmen de Dombate (Cabana de Bergantiños), proxecto promovido pola Deputación da Coruña.


Imaxe do polígono industrial

Lage Tuñas (PSOE): “O goberno galego ten paralizado o parque empresarial do Barbanza”

Institucional 23/02/2011
  Envía a túa opinión

O portavoz da área institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage, criticou hoxe o encontro do conselleiro de Infraestruturas co alcalde de Pobra do Caramiñal e o candidato do PP á alcaldía de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas, en sede parlamentaria. Dixo que utilizan a sede parlamentaria para “montar actos propagandísticos para tapar as súas vergoñas”.


O novo edificio ubícase no Polígono Industrial de Espiñeira

Novas instalacións do Servizo Municipal de Protección Civil e Emerxencias

Sociedade 23/02/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Boiro inaugurará este venres, día 25 de febreiro, ás 12.00 horas, a nova sede do “Servizo Municipal de Protección Civil e Emerxencias”, situada no Polígono Industrial de Espiñeira. Este edificio, así como as novas naves de oficios e o pañol de obras, foron financiados con cargo aos fondos FEIL 2009 e FEESL 2010, cun importe conxunto de algo máis de 976.000 euros.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros