Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

O mercado vestirase da cor dos disfraces de entroido

O lusco e fusco de inverno

Sociedade 21/02/2011
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

O Mercado entre lusco e fusco vai celebrar, mañá martes, a partir das 18h nas terrazas do Parque de Belvís en Compostela, a I Feira de Inverno. Tras o o éxito da I Feira de Verán e da I Feira do Outono, celebradas no mes de xuño e no mes de outubro do ano pasado,  agora  desenvolverán esta feira para gozar cos produtos desta temporada e festexar a próxima chegada do entroido. Os comerciantes irán disfrazados e animan a todo o mundo a que estreen os seus disfraces. Haberá obradoiros (de repostería de entroido, de elaboración de queixo e manteiga, de títeres, de creatividade para cativos/as), mercado de troco e de troquiño (para cativos/as) cabezudos sabichóns, un concerto de música con Fred Martins, sen esquecer o  mercado habitual con produtos locais, de temporada, ecolóxicos e de comercio xusto.


O SLG anuncia esta medida para presionar a Medio Rural ao abono dos CES

Mobilizacións ante a falla de pago dos Contratos de Explotación Sustentable

Sociedade 10/02/2011
  Envía a túa opinión

O Sindicato Labrego Galego convocará unha concentración diante da Consellería do Medio Rural, en Santiago de Compostela o 4 de marzo, se non se fan efectivos no mes de febreiro os pagos do Contrato de Explotación Sustentable (CES) correspondentes ao ano 2009, e non se resolven as novas solicitudes do ano 2010. Deste xeito, o SLG contesta á actitude contraditoria, de constante cambio de criterio e de incumprimento de prazos que mantivo a Consellaría de Medio Rural nos últimos meses.


Os traballadores do 112 mobilízanse pola calidade do servizo

Sociedade 01/02/2011
 10 comentario/s - Envía a túa opinión

"En que cabeza cabe que as emerxencias galegas galegas se xestionen desde fóra da comunidade?", pregúntase a presidenta do comité de empresa do servizo de atención 112 Galicia, Isabel Moares. Con este interrogante amosa a súa desconformidade con plans da empresa Telemark, concesionaria do número único que responde ás urxencias en materia sanitaria, extinción de incendios, salvamento, seguridade cidadá e protección civil da Xunta. Esta compañía debe crear un centro alternativo para cubrir a posibilidade de que, por calquera imprevisto, deixe de funcionar a plataforma informática do centro que existe en Santiago e, segundo denuncian os sindicatos, pretende establecelo en León.


Núñez Feijóo co alcalde de Palas Fernando Pensado

A Xunta anuncia a adquisición do castelo de Pambre

Sociedade 24/01/2011
  Envía a túa opinión

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo anunciou hoxe que a Xunta de Galicia adquirirá o Castelo de Pambre tralo acordo alcanzado cos actuais propietarios. Este conxunto histórico construido a finais do século XIV pasará a formar parte do patrimonio público e converteráse nun elemento de dinamización do turismo na comarca de Palas de Rei e en xeral en Galicia.


Como antesala aos voos previstos para o verán, Ryanair oferta tres rutas en febreiro

Avións a Milán, Frankfurt e Londres dende Santiago de Compostela

Sociedade 14/01/2011
  Envía a túa opinión

Ryanair, a aeroliñas favorita do mundo, vén de anunciar a súa programación de voos en Santiago de Compostela para o verán de 2011. No período estival operarán 13 rutas, incluíndo tres novas rutas a Milán (Bergamo), Frankfurt (Hahn) e Londres (Stansted). O tráfico de Ryanair en Santiago de Compostela medrará a máis dun millón de pasaxeiros anuais, mantendo máis de 1.000 puestos de traballo no aeroporto e arredores.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros