Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Escola Superior de Arquitectura da UDC

Alumnado de Arquitectura da Coruña pechado contra os recortes

Sociedade 30/01/2013
  Envía a túa opinión

O grupo Acampada ETSAC, formado por estudantes universitarios da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, prosigue coas convocatorias de encerros nocturnos na ETSAC para continuar co movemento de protesta contra as políticas de recortes, en especial as acadadas no eido do ensino. Queren implicar a toda a comunidade da UDC coa intención de lograr unha mobilización conxunta na Universidade coruñesa.


Imaxe da reunión esta mañá

Medra a demanda formativa sobre seguridade na Internet

Sociedade 17/01/2013
  Envía a túa opinión

O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, presidiu hoxe na Coruña a reunión da Comisión de Seguimento do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar. Nesta sesión analizáronse os primeiros resultados de aplicación deste plan, correspondentes ao primeiro trimestre do presente curso académico 2012-2013. Juárez lembrou a necesidade de que pais e fillos implanten na súa rutina diaria en Internet unha serie de consellos para protexer a súa persoa e intimidade e evitar a comisión de delitos, incidindo en que é necesario educar aos fillos no intercambio e usos propios e alleos de imaxes íntimas e persoais.


Concerto nun dos escenarios do Jazz at Lincoln Center

Construir sen coñecer o uso futuro

Cultura 16/01/2013
  Envía a túa opinión

“Nova York é un dos centros do universo para o mundo do jazz. Na cidades están as salas de referencia”. Sábeo ben Gonzalo Méndez, galego de Culleredo, que traballa no departamento de mercadotecnia do Jazz at Lincoln Center, a sección dedicada á música da improvisación no que é “o maior centro cultural dos Estados Unidos de América”. E é que a capital oficiosa do mundo é un fervedoiro de propostas e actividades no que, grazas a unha bolsa da Fundación Barrié, Méndez se está a formar en xestión cultural para volver a Galicia con máis coñecemento sobre como os americanos “desenvolven as empresas culturais”.


Concentración en Ferrol contra os desafiuzamentos

A indignación social frea desafiuzamentos na Coruña

Sociedade 12/11/2012
  Envía a túa opinión

A execución de tres desafiuzamentos previstos para este luns, día 12, no partido xudicial da Coruña, dous no municipio de Arteixo, quedou suspendida, despois de que así o solicitasen as propias entidades financeiras propietarias das vivendas, segundo confirmaron a Europa Press fontes xudiciais. En concreto, os procuradores das entidades financeiras, unha delas o BBVA, pediron ao xulgado que se suspendese as execucións dos desafiuzamentos, previstos para este luns tras a adxudicación das vivendas en poxa.


José Luís Pego

Cada 15 dias ao xulgado

Sociedade 20/10/2012
  Envía a túa opinión

José Luis Pego deberá presentarse cada 15 dias no xulgado. Reclámanselle 1,4 millóns de euros dos 18,6 que se levou como indemnización e prexubilación ao retirarse de Novacaixagalicia. Ademais das cantidades reclamadas a Pego, Anticorrupción reclama na querela presentada 5,36 millóns de euros a Javier García de Paredes, 913.602 euros a Gorriarán e 260.940 euros a Rodríguez Estrada.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros