Envía a túa opinión
Os nenos e nenas de Ferrol teñen mañá mércores, a partires das seis da tarde, unha nova cita na Biblioteca Municipal co narrador Pablo Sánchez. Así, levaráos a adentrarse no mundo da literatura infantil a través da sesión “Os contos de Pablísimo: contos con ovos”, na que irá relatando historias coa utilización de ovos diferentes.
Envía a túa opinión
Os autobuses urbanos da liña 4 de Ferrol cambian de ruta a partir de mañá mércores 30 de marzo. Unha medida adoitada como consecuencia da apertura –o pasado sábado- da rúa Pérez Parallé. Deste xeito, os autobuses realizarán un novo percorrido, deixando de pasar pola rúa Alegre, como viñan facendo ata o de agora, para realizar a súa ruta a través de Pérez Parallé.
Envía a túa opinión
O programa “Ferrol recuperando a memoria. A verdade nunha man pechada”, que se celebrará ata o 27 de abril, arrinca esta tarde coa proxección do documental de Patricia Ferreira “Señora de”, e continúa o mércores coa mesa redonda “Muller e Memoria”. Ambos actos serán ás 19.30 horas na Fundación Novacaixagalicia de Ferrol e enmárcanse neste ciclo que adica un apartado especial á recuperación da memoria das mulleres. Concientes da importancia de introducir a historia das mulleres na investigación histórica e da súa difusión, trata de abrir camiños, de reflexionar sobre o pasado que nos trouxo ata aquí, e continuar co traballo permanente de acadar a igualdade.
Envía a túa opinión
O ex membro de Los Piratas Fon Román actuará este xoves, ás dez da noite, na capela do Centro Torrente Ballester dentro do ciclo Novas Noites. Fon Román (voz e guitarra), subirá ao escenario con Santi Araújo (guitarra e coros) e Raúl Quilez (teclados e programacións).
1 comentario/s - Envía a túa opinión
Unanimidade na corporación de Fene (A Coruña) á hora de elexir o xuíz de paz para os próximos anos. Manuel Vigo López continuará no cargo apoiado pola totalidade dos votos da corporación agás o do seu fillo, Edgar Vigo, edil desa corporación que non asistiu a esta sesión plenaria por razóns obvias. BNG, PP, EU e PSOE destacaron a ecuanimidade e a solvencia de Manuel Vigo á fronte do Xulgado de paz.