Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 21 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Un cento de persoas formaron o séquito dos Reis Magos en Ordes

Sociedade 08/01/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes mostrou a súa satisfacción polo éxito acadado pola Cabalgata de Reis celebrada o pasado dia 5 e que congregou a milleiros de persoas no municipio. Unha Cabalgata na que participaron máis dun cento de persoas que formaron o séquito das Súas Maxestades entre paxes a cabalo, lanceiros e demais acompañantes que encheron de maxia Ordes nunha tarde que estivo adicada aos máis pequenos.


O concello de Ordes colabora na organización do curso coa Rede Xiana da Deputación

Formación para saír do desemprego

Sociedade 04/01/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes ten aberto o prazo de inscrición para participar nun curso, promovido pola Rede Xiana da Deputación, sobre creación de empresas dirixido a desempregados. O proxecto ponse en marcha para axudar ás persoas beneficiarias participantes a transformar as súas ideas de empresa en proxectos reais, dándolles os coñecementos necesarios, así como orientación no proceso de elaboración do plan de empresa. Ademais fomentaranse iniciativas que desenvolvan novas actividades e que respondan ás necesidades locais de prestación de servizos.


A Igrexa Parroquial de Santa María de Ordes acollerá o certame

A música máis característica do Nadal

Sociedade 29/12/2010
  Envía a túa opinión

Ordes segue a celebrar as actividades enmarcadas na programación de Nadal, e será o próximo día 2 de xaneiro, no que o protagonismo recaerá na música. Un ano máis Ordes celebrará o seu tradicional Certame de Corais con motivo do Nadal, organizado pola Coral Polifónica de Santa Cruz de Montaos en colaboración co Concello.


Cartaz da campaña

Compra árbores con vida

Sociedade 28/12/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes desde a súa Concellería de Medio Ambiente segue dando consellos aos seus veciños para que poidan disfrutar dun nadal verde. Nesta ocasión a recomendación é, por terceiro ano consecutivo, a de comprar unha árbore de Nadal natural con raíz. A árbore de plástico é unha opción desacertada porque para a fabricación do plástico empréganse hidrocarburos e outros derivados do petróleo e o propio proceso de fabricación é moi contaminante.


Máis de medio cento de nenos e nenas ordenses participan nas actividades de conciliación organizadas polo Concello

Conciliando polo nadal

Sociedade 27/12/2010
  Envía a túa opinión

Coa chegada do Nadal o Concello de Ordes puxo en marcha, a través da concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade, que dirixe a concelleira Silvia Marín, unha nova edición do programa “Conciliar será fácil e divertido”. O programa arrincou o pasado día 23 de decembro e participan máis de medio cento de nenos e nenas ordenses.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros