Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 25 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

A representación terá lugar o xoves 10 ás 20.30 horas no Auditorio Gustavo Freire

O Salomé do CDG fai parada en Lugo

Cultura 07/02/2011
  Envía a túa opinión

O Centro Dramático Galego (CDG) viaxa esta semana a Lugo para representar o seu espectáculo Salomé, dirixido por Carlos Santiago a partir da obra de Oscar Wilde, dentro da programación da XI Mostra de Teatro Clásico. A función desta última montaxe da compañía pública celebrarase o vindeiro xoves 10 de febreiro, ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal Gustavo Freire como clausura do encontro teatral que organiza anualmente a Concellería de Cultura de Lugo.


A obra está cofinanciada a través dos fondos FEDER da Unión Europea.

A nova ponte sobre o Miño entrará en funcionamento este ano

Sociedade 05/02/2011
  Envía a túa opinión

O ministro de Fomento, José Blanco, realizou hoxe unha visita ás obras da nova ponte sobre o río Miño en Lugo para comprobar o avance das mesmas, e confirmou a súa posta en servizo antes de que remate o presente ano. A nova ponte sobre o río Miño de Lugo permitirá mellorar a accesibilidade ao centro urbano desde o suroeste da cidade, substituíndo nesta función á antiga ponte romana que soportaba altas intensidades de tráfico (12.000 vehículos ao día).


Os xóvenes realizarán prácticas en prestixiosas empresas de Hamburgo, Praga, Belfast, Florencia, Viena e Lisboa

Os 18 becarios de Lug02 parten a Europa

Sociedade 21/01/2011
  Envía a túa opinión

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, despediu este venres no aeroporto coruñés de Alvedro ós xóvenes beneficiarios das primeiras becas Lug02 que partiron ás 6 cidades europeas nas que, durante 4 meses, adquirirán experiencia profesional especializada a custe cero. O organismo provincial asume todos os custes: viaxes de ida e volta, aloxamento, manutención, así como os gastos dos organismo de acollida na cidade de destino. Dos 18 titulados lucenses que participan nesta iniciativa, 9 saíron esta mañá de Alvedro con destino a Florencia, Belfast e Viena, mentres outros 5 partiron do aeroporto compostelán de Lavacolla cara a Praga e Hamburgo. Os 4 restantes farano mañá dende A Coruña a Lisboa.  Gómez Besteiro destacou que “traballarán en empresas punteiras, e logo volverán con novos coñecementos aprendidos que porán a disposición da provincia. En época de crise hai que investir na formación na formación relacionada co medioambiente porque é a nosa oportunidade económica”. 


Gómez Besteiro amosou a súa satisfacción pola resposta dos Concellos

711 desempregados da provincia de Lugo

Institucional 11/01/2011
  Envía a túa opinión

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este martes que todos os Concellos da provincia, agás o de Incio, confirmaron a súa adhesión ao Lugo Emprega; o programa co que o organismo provincial reducirá o número de parados na provincia ó tempo que incrementa a cooperación cos Concellos coa contratación de 711 desempregados durante 6 meses, que prestarán o seu servizo en labores de mantemento, conservación e mellora dos servizos públicos de carácter local.  


Murallas romanas de Lugo

Abrimos 24 horas

Institucional 03/01/2011
  Envía a túa opinión

Un novo portal web da Deputación de Lugo permite dende hoxe realizar 12 procedementos a través de Internet. Nas vindeiras semanas irán activandose novos trámites ata chegar aos 120 previstos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros