Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

Vista da central da vila coruñesa de As Pontes

Os tribunais terán que desatorar as chemineas das térmicas galegas

Sociedade 11/10/2010
  Envía a túa opinión

Non afecta, pero si. Non supón o cesamento da actividade nas centrais, pero si. Vaise compensar de xeito apropiado ás Pontes e Meirama, pero non. Así, con declaracións contraditorias, segundo procedan de Madrid ou Galicia, segundo sexan dun partido político ou doutro, provocan que o lume que agroma das cheminais das térmicas galegas se vai sufocando. O real decreto do carbón dálle aire á minaría das comarcas asturianas ou leonesas, mais retíralle o osíxeno á combustión en Galicia, cuxas centrais, obedientes coas recomendacións do protocolo de Kioto, deixaron de queimar hulla española para substituila pola foránea, máis eficiente e menos contaminante. Mais a obediencia non sempre trae recompensa. O Executivo central rescata, co visto e prace da Unión Europea, á industria extractiva autóctona privilexiando no mix enerxético -o reparto da venda da produción de enerxía eléctrica que lle corresponde a cada tecnoloxía- ás térmicas que producen con carbón español a costa das que, como as galegas, importan a materia prima. A incapacidade política de satisfacer a todos a un tempo, o balbordo nas rúas dos afectados e a perspectiva de 3.500 postos de traballo en perigo en Galicia, aproximan a solución á maza dos tribunais, que deberán resolver os preitos formulados.


As protestas chegaron a José Blanco

Reclámanlle ao ministro de Fomento a continuidade das centrais das Pontes e Meirama

Sociedade 09/10/2010
  Envía a túa opinión

O ministro de Fomento, José Blanco, asegurou aos veciños das Pontes e Meirama concentrados este medioida en Abadín (Lugo)  que o ministro de Industria, Miguel Sebastián, transmitiulle a "garantía absoluta" de que as centrais térmicas "non se van a pechar porque son imprescindibles para o desenvolvemento estratéxico do plan enerxético de España".


Os representantes dos pechados na rolda de prensa que deron esta mañá

“O decreto é a puntilla para a nosa comarca” segundo a Plataforma en Defensa do Carbón

Sociedade 01/10/2010
  Envía a túa opinión

Sindicatos, camioneiros e traballadores do porto exterior de Ferrol, concentráronse esta mañá na casa do concello para protestar pola aprobación do decreto do carbón. Un cento de persoas permaneceu na casa consistorial mentres durou o consello de ministros no que se ratificou o decreto do carbón. A norma agrava a crise da comarca de Ferrolterra e moitos traballadores corren o risco de perder os seus empregos.


Os camións ao seu paso polo casco urbano de Fene

Cen camións contra o decreto do carbón

Sociedade 25/09/2010
  Envía a túa opinión

O claxon de 100 camións, ese foi o son que marcou a actualidade desta mañán en Ferrolterra. Cen camións e numerosos vehículos particulares sairon ás 10 da mañán das Pontes en dirección a Ferrol para protestar contra o Decreto que, segundo a Plataforma do Carbón, podería destruir 1500 postos de traballo directos e acabar co sector en Galicia, nas Centrais das Pontes e Cerceda.


Mel

Prepárase a Segunda Feira do Queixo e do Mel de Goente

Sociedade 15/09/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de As Pontes, está a traballar na que será a segunda edición da Feira do Queixo do Eume e do Mel de Goente,  que se celebrará na parroquia de Goente o sabado 9 de outubro. A cita tentará revalidar o éxito acadado na súa estrea o ano pasado na que 800 persoas tomaron parte nun xantar popular e que, este ano volverá ter lugar no programa ideado polos organizadores, o concello e as asociacións veciñais Raíces (Goente), Virxe do Rosario (A Faeira), Sampordeme (San Pedro de Eume); a Casa do Mel de Goente e Queserías del Eume.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros