Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Ourense acolle as V Xornadas de Agroecoloxía

Sociedade 15/02/2011
  Envía a túa opinión

Os colectivos A Esmorga, Amigos da Terra, Semente, Sem Um Cam e Verdegaia convídannos a participar nas V Xornadas de Agroecoloxía de Ourense que comezan este xoves, 17 de febreiro, e que se prolongarán ata o venres 4 de marzo. Case 20 días de festa e reflexión sobre os proxectos sociais, culturais e ecoloxistas realizados conxuntamente ao longo de todo o 2010 e comezos deste 2011. O obxectivo é facer cada vez máis visibles e fortes as iniciativas alternativas centradas no compromiso coa xustiza social e ecolóxica.


O PSdeG PSOE celebra hoxe en Ourense un curso de planificación electoral

9 millóns de euros para 9 empresas, denuncian os socialistas

Sociedade 05/02/2011
  Envía a túa opinión

O deputado pola provincia de Ourense Pablo López Vidal salienta a ineficacia do Impulsa Ourense que segundo a Xunta investiu case 35.000 euros por cada posto de traballo creado en 9 empresas ourensáns.  López Vidal sinala que a Xunta de Galicia vén de descubrir os obxectivos e a maneira de funcionar do fantasma "Plan Impulsa Ourense", xa que na resposta da Xunta a unha iniciativa presentada polo Grupo Parlamentario Socialista, pódese comprobar que os 9 millóns de euros do ano 2010 se destinaron a fondo perdido a 9 empresas que crearon 260 postos de traballo.


Unha exposición e un libro honrarán a figura do comandante Soutomaior

Celanova conmemora o 50 aniversario do secuestro do buque Santa María polo DRIL

Cultura 03/02/2011
  Envía a túa opinión

A Casa dos Poetas en Celanova acolle mañá, ás 19:00, a inauguración da exposición fotográfica de Federico Fernández O meu pai. O exiliado sobre o comandante Soutomaior. Ademais presentarase o libro de Xurxo Martínez Crespo 24 homens e mais nada. A captura do Santa María. Con estas actividades, Celanova conmemorará en o 50 aniversario do secuestro do buque Santa María polo DRIL. Os actos completaranse cunha breve semblanza de Pepe Velo a cargo do secretario da Fundación Curros Enríquez, Antonio Piñeiro.


O senador Xosé Manuel Pérez Bouza

A Lei antidescargas volve á carga

Cultura 02/02/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

“A xurisdicción civil debería de ser a única que tivera competencias para combater a pirataria en Internet” afirma o senador do Bloque Nacionalista Galego Xosé Manuel Pérez Bouza. A Comisión de Economía do Senado aprobou onte o informe do relatorio da Lei de Economía Sostible, que inclue as dúas emendas pactadas entre PSOE, PP e CiU para reformar a normativa do canon dixital e rescatar a lei Sinde na Cámara Alta.


Guillerme Vázquez esta mañá en Ourense

Privatizar a caixa é unha decisión política, segundo Guillerme Vázquez

Sociedade 01/02/2011
  Envía a túa opinión

"Privatizar a caixa galega significa espoliar definitivamente o aforro deste pais" afirmou esta mañá en Ourense o portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego Guillerme Vázquez. O representante do BNG salientou que esa decisión responde aos "intereses da gran banca española e do FMI pero non aos intereses da xente"

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros