Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

O portavoz denuncia falta de dialogo, por parte da Consellería, cos afectados deste vial

Piden a palabra os colectivos afectados polas obras da estrada PO-308

Institucional 18/02/2011
  Envía a túa opinión

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal vén de rexistrar unha pregunta oral en Pleno na que pregunta polos afectados da estrada PO-308 ao seu paso polo Concello de Sanxenxo. Lembra, na iniciativa rexistrada, que o proxecto de construcción de mellora da seguridade viaria na estrada PO-308 en concreto o treito Portonovo-A Lanzada no Concello de Sanxenxo esta sendo cuestionado por distintos colectivos veciñais afectados.


O prazo para presentar as solicitudes rematará o vindeiro 2 de abril

O Concello de Boiro tramita a prestación económica por fillos menores de tres anos

Sociedade 18/02/2011
  Envía a túa opinión

A Xunta de Galicia vén de abrir a convocatoria de axudas de pagamento único por fillos menores de tres anos para o exercicio 2011. Serán beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillos menores de tres anos a data de 1 de xaneiro de 2011 (nacidos entre o 2.1.2008 e 1.1.2011, inclusive) e que por razón de ingresos obtidos durante o 2009, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración da renda correspondente a ese período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.


A feira celébrase en Rimini (Italia)

As bondades dos produtos do mar galegos no “Mediterranean Seafood”

Sociedade 17/02/2011
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

A Consellería do Mar promove os produtos frescos e transformados do sector pesqueiro galego e potencia a imaxe nacional e internacional do noso sector marítimo “Mediterranean Seafood”que se celebra en Rimini (Italia) ata o vindeiro martes. A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada do director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, apoiará ao sector coa súa presenza no evento.


Gonzalo López Abente

Muxía rescata do esquecemento popular a figura do poeta López Abente

Cultura 13/02/2011
  Envía a túa opinión

Gonzalo López Abente (1878-1963) foi un dos fundadores das Irmandades da Fala, formou parte da Real Academia e presidiu a Asociación de Escritores de Galicia. Obras como Nemancos ou Buserana fixérono merecedor en 1971, cando nin sequera pasaran os dez anos de rigor desde a súa morte, da homenaxe do Día das Letras. Porén, hoxe en día o seu nome, aínda que admirado polos especialistas, resulta descoñecido para a maioría dos lectores. Unha situación que pretende reverter a Fundación Gonzalo López Abente que acaba de constituírse en Muxía, co apoio do Concello, a Deputación da Coruña, a Real Academia Galega, as Universidades da Coruña e Santiago, o Consello da Cultura Galega, o PEN de Galicia e a Asociación de Escritores en Lingua Galega.


A proposta realizouna o Club Suh Sport, que tamén foi galardoado

O Concello de Boiro, premio “Taekwondo Galego 2010”

Deportes 11/02/2011
  Envía a túa opinión

A Federación Galega de Taekwondo vén de comunicar ao Concello de Boiro a concesión do premio “Taekwondo Galego 2010” na categoría de Concello máis colaborador, “pola súa labor na promoción, difusión e apoio á labor da Federación Galega de Taekwondo”. O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, e a Concelleira de Deportes, Dores Torrado Ares, mostraron a súa satisfacción por este recoñecemento, así como o seu agradecemento polo distintivo tanto á federación como ao Club Suh Sport de Boiro, pois foi esta entidade a que fixo a proposta para os Premios Rexionais 2010.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros