Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 21 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

O secretario xeral da CIG Ensino Anxo Louzao

A Xunta de Galicia ningunea ao profesorado, segundo a CIG-Ensino

Sociedade 06/01/2011
 14 comentario/s - Envía a túa opinión

"Fixeron a trampa e agora fan a lei" afirma o secretario xeral da CIG Ensino Anxo Louzao, arredor da Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa presentada o pasado martes pola consellería de Educación. O sindicato maioritario no ensino en Galicia sospeita que ese texto legal pretende respaldar o decreto do plurilingüísmo, ante a posibilidade de novas desautorizacións desta normativa polos tribunais. 


Pedro Benavente: “Estase perdendo a tradición de pórlle nome ás vacas”

Sociedade 03/01/2011
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

“Sen gandaría non habería país” rezaba unha das pancartas que os produtores lácteos sacaron á rúa, xunto cos tractores, nas mobilizacións na defensa do seu sector. Ese lema reivindicativo sérvelle a Pedro Benavente para resumir a importancia que ten a vaca na historia de Galicia. El coñece esa relevancia de primeira man posto que, xunto a Xesús Ferro, traballou durante 20 anos na elaboración de O libro da vaca. Monografía e etnolingüística do gando vacún, obra que acaba de ver a luz.


Rosa Díez foi a única que puxo de acordo en 2010 a toda Galicia

2010: o ano no que o galego pexorativo baixou a manifestarse na rúa dende o Desván de los Monjes

Sociedade 01/01/2011
  Envía a túa opinión

O ano do decreto do plurilingüismo e do decreto do carbón, o do Xacobeo e a visita do Papa Benedito XVI, o ano da fusión das caixas, o da folga xeral e a reforma laboral, o dos temporais de frío e neve e dos controladores, ou o ano do galego no sentido máis pexorativo da palabra. Moitos son os alcumes que lle resultan acaidos a este 2010 que esmorece. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, resumiu mediodía que estes que rematan foron 12 meses para o diálogo social, pero da mesma maneira puideron ser os da confrontación social, pois había tempo que unha acción de Goberno non provocaba tanta mobilización na rúa. Sexa como for, 2010 pasou xa ao rexistro da nosa memoria. Para conservar unha lembranza máis clara del, o Informativo Galicia de Radiofusiòn recuperou algúns dos momentos máis significativos do álbum sonoro do ano.


Imaxe de arquivo dun porco na granxa

16 porcos morren no incendio dunha granxa

Sociedade 16/12/2010
  Envía a túa opinión

16 porcos morreron no incendio rexistrado este xoves nunha granxa porcina no termo municipal de Arzúa (A Coruña), supostamente causado por un curtocircuíto. Ás 9.57 horas o 112 foi alertado dun incendio nunha granxa situada na aldea de Soutullo, no parroquia de Calvos, no municipio coruñés de Arzúa.
  


Presentación das VI Xornadas Agrarias Galegas

Melide acollerá as VI Xornadas Agrarias Galegas

Sociedade 14/12/2010
  Envía a túa opinión

Técnicos, labregos e labregas daranse cita o 17 e o 18 de decembro en Melide para debater sobre o futuro da agricultura galega, no marco da VI edición das Xornadas Agrarias Galegas. Neste evento, organizado pola Federación Rural Galega (FRUGA) e o Concello de Melide, debaterase sobre a rendibilidade das explotacións de carne e de leite, os costos de produción, a mobilidade das terras, e mesmo sobre o futuro da PAC, contando coa presenza dos grupos parlamentarios.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros