Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 19 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Amador Lorenzo Blach

Lorenzo Blach gaña o Luís Ksado de fotografía

Sociedade 03/10/2012
  Envía a túa opinión

Amador Lorenzo Blach, nacido en Bueu e afincado na Coruña desde o ano 2001, é o gañador da décima edición do premio de fotografía Luís Ksado que convoca a Deputación coruñesa. Así o decidiu o xurado do premio, reunido no Pazo de Mariñán e do que formaron parte o fotógrafo de moda Manuel Outumuro; Joan Fontcuberta; Manuel López; José María Díaz Maroto; e Xurxo Lobato. Todos eles repasaron as fotografías presentadas por un total de 170 artistas, o que supuxo a marca absoluta de participación neste premio e un 55% máis que na última edición.


Feijoo interveu onte no Forum Europa de Madrid

La Voz de Galicia e o PP vulneran a normativa eleitoral

Sociedade 02/10/2012
  Envía a túa opinión

O xornal La Voz de Galicia inclue hoxe na súa páxina 4 unha reproducción do cartaz eleitoral do Partido Popular pedindo o voto para Núñez Feijoo, incumprindo de xeito flagrante a Lei que limita ese tipo de manifestacións aos 15 dias de campaña. Espérase nas vindeiras horas un pronunciamento da Xunta Eleitoral.


O Bloque realizou un acto simbólico no Obradoiro en defensa dos dereitos das mulleres

O BNG aposta polos dereitos das mulleres cun aborto libre e gratuíto

Sociedade 30/09/2012
  Envía a túa opinión

O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, defende o 21 de outubro como a oportunidade non só para plantar cara aos recortes económicos senón tamén para “facer frente aos recortes de dereitos básicos como o dereito das mulleres a decidir libremente sobre a súa maternidade”. Jorquera, durante un acto na Praza do Obradoiro “En defensa dos dereitos das mulleres. Aborto libre e gratuito”, afirmou que a dereita, na súa estratexia de utilizar a crise como coartada para impor o seu modelo, tanto no económico como no político, tamén tenta impor no ideolóxico o seu sistema de valores, que relega á muller ao rol de esposa e nai. Para o candidato nacionalista, foron moi sintomáticas nesta dirección a reforma laboral do PP, coa súas medidas anti conciliación, a reforma educativa que están a preparar, coa segregación nas aulas por sexo, ou os brutais recortes en servizos sociais e atención á dependencia. “Nesta escalada -engadiu- agora chega a contrareforma do señor Gallardón en materia de aborto, que converte o que debe ser un dereito elemental nun delito, coas consecuencias que ten esta medida tamén do ponto de vista da saúde das mulleres”.


Movilización na Praza da Quintana de Santiago de Compostela

Só un 5,5% de contratos indefinidos

Sociedade 04/09/2012
  Envía a túa opinión

Até que non se recupere a taxa interanual non se pode falar de bo comportamento do paro, afirma a Confederación Intersindical Galega, á luz do desemprego rexistrado no mes de agosto. A UXT salienta que as trabas da "letra pequena do Prepara dificultarán o acceso aos subsidios de colectivos moi importantes de parados".


Imaxe da campaña retirada

Ordenan á Xunta de Galicia retirar unha campaña publicitaria

Sociedade 04/09/2012
  Envía a túa opinión

A Xunta Electoral de Galicia ordenou á Xunta de Galicia que cese a campaña publicitaria "Paisaxe Galega, unha tarefa de Todos" durante o período electoral, tras un recurso presentado polo BNG por suposta vulneración da Lei Orgánica de Réxime Electoral. Deste xeito, o organismo require á Xunta de Galicia o cesamento da campaña por conculcar o artigo da Lei orgánica do réxime electoral xeral (Loreg) que especifica a imposibilidade de realizar campañas publicitarias durante o período electoral. En concreto, este punto da Loreg indica que as campañas institucionais de carácter informativo só se poden difundir cando teñen como obxectivo "a salvagarda do interese público" ou "a garantía do correcto desenvolvemento dos servizos públicos"

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros