Envía a túa opinión
O concelleiro de Normalización Lingüística, Manuel Santiago, anunciou esta mañá a celebración dun obradoiro de manexo do xestor de contidos da páxina web www.ferrolconcarvalhocalero.com., dirixido, en particular, ao profesorado colaborador ou integrante das Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino de Secundaria e bacharelato de Ferrol e, en xeral, ao profesorado dos centros de secundaria. O obxectivo desta actividade, que se celebrará entre o 24 de marzo e o 28 de abril no Centro Municipal de Emprego, é que os participantes se familiaricen co xestor de contidos sobre o que se desenvolve a web dedicada ao escritor e filólogo ferrolán Ricardo Carvalho Calero activada polo Concello de Ferrol coa finalidade de lembrar e poñer en valor a súa figura. Este espazo tamén quere contribuír a que o coñecemento e o entusiasmo pola obra de Carvalho Calero continúe vivo e que, celebrado en 2010 o centenario do seu nacemento, haxa un espazo dinámico e aberto, para a cidadanía en xeral e para o mundo do ensino en particular, en que ter a posibilidade de achegarse á figura do ilustre ferrolán, traballar coa súa obra, interpretala e coñecela.
Envía a túa opinión
Con motivo da celebración do Centenario do Nacemento do escritor galego Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911) os Equipos de Normalización Lingüística dos Centros de Ensino de Fene convocan o III Concurso de Microrrelatos - Concello de Fene. Poderá participar todo o alumnado matriculado nalgún dos centros educativos do Concello de Fene, establecéndose as seguintes categorías:
a) 5º e 6º Curso de Primaria.
b) 1º e 2º Curso de ESO.
c) 3º e 4º Curso de ESO.
d) Bacharelato e Ciclos Formativos
Envía a túa opinión
O ex xogador do Real Madrid Manolo Sanchís presentou este mediodía en Fevino en Ferrol o seu viño Casalobos. Trátase dun caldo producido nos Montes de Toledo, en Picón, Ciudad Real. Un caldo propio para acompañar con caza pero se o baixas de temperatura vai moi ben cun bo marisco galego, explicou o ex madridista.
5 comentario/s - Envía a túa opinión
Comeza en Ferrol o I Certame de Cine da Muller e o I Concurso de Curtametraxes “Pola igualdade de xénero”, que se celebrarán entre hoxe, 14 de marzo e o 18 deste mes, nos Cines Dúplex de Esteiro. Serán catro as longametraxes que se proxectarán ás 18.00 horas ao longo de catro sesións: “Quiero ser como Beckham”, “La vida empieza hoy”, “Amelia” e “La boda de Tuya”. Na última xornada –a correspondente ao venres- poderanse ver as curtametraxes que se presentaron ao concurso convocado pola Concellería de Muller. Un total de doce traballos presentáronse a este I Concurso de Curtametraxes “Pola igualdade de xénero”, coa participación de autores de diferentes lugares de España e mesmo do estranxeiro.
6 comentario/s - Envía a túa opinión
As panadeiras protagonizarán mañán 15 de marzo, en Neda os actos centrais do Dia da Muller. Na Casa das Palmeiras, ás 6 da tarde celebran o 8 de Marzo cunha tertulia que dirixirá a historiadora, Manuela Santalla. Trátase de que un grupo de panadeiras recuperen os seus recordos e vivencias nun sector, en boa parte feminino, como é o do pan tan importante para a econnomía do concello de Neda.