Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 10 de Septembro de 2010

Emisoras > Radio Fene

Información da emisora Novas da emisora

A reunión mantívose esta mañá no Edificio Administrativo de San Caetano

Cordialidade na reunión entre o Concello e a Secretaría Xeral de Familia para a creación da segunda escola infantil de Fene

Sociedade 08/09/2010
  Envía a túa opinión

Reunión entre o Concello de Fene e a Secretaría Xeral da Familia da Xunta de Galicia. O alcalde do Concello, Iván Puentes, e a Concelleira de Servizos Sociais, Rocio Rei, viaxaron esta mañá ata Santiago de Compostela na procura de avances para a construción da que sería a segunda escola infantil pública do municipio. O proxecto situaría en Barallobre a gardería, que ocuparía as instalacións da Escola Unitaria do Ramo. Segundo indican dende o Concello, o proxecto leva máis dun ano paralizado polo cambio de goberno na Xunta, aínda que agardan que coa reunión de hoxe se acadara un paso definitivo cara a posta en funcionamento das instalacións en menos dun ano, aínda que o alcalde de Fene, cuestíonase se finalmente se cumprirán estes prazos. 


Cuartel Sánchez Aguilera

O cuartelillo de marinería de Ferrol reconvirte o uso

Sociedade 07/09/2010
  Envía a túa opinión

O DOG publica hoxe a orde de aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM de Ferrol no ámbito do antigo cuartelillo de marinería de Ferrol. Con este paso, o convenio subscrito entre o Concello e o Ministerio de Defensa no 2007, está agora máis preto.


Libros de texto

A Federación de ANPAS de Ferrolterra pide que aos pais que non substitúan os libros en galego polo castelán

Sociedade 07/09/2010
  Envía a túa opinión

Como cada mes de setembro, ós máis pequenos tócalles volver a escola. Os nenos e nenas de primaria comezarán o curso o día 10, mentres que os de secundaria farano o 17. Este ano trae novidades a respecto da entrada en vigor do denominado como decreto do prurilingüismo no ensino non universitario e que supón que moitos dos libros que ata o momento eran útiles pasen a non selo polo feito de estaren escritos en galego. As materias que abandoan o galego a favor castelán son Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química. Dende a Federación de ANPAS de Ferrolterra, informan ós pais que non gasten os cartos en mercar libros dos que xa dispoñen, polo feito de estaren redactados en galego.


A aula de Reciclaterra sitúase en Mougá

"Reciclaterra" ofrece a partir de outubro un amplo programa de actividades dirixidos aos centros escolares

Sociedade 07/09/2010
  Envía a túa opinión

Coincidindo co inicio do curso escolar, o Centro de Interpretación e Divulgación da Reciclaxe “Reciclaterra” presentou, a través da Concellería de Medio Ambiente de Ferrol, o seu programa de actividades dirixidas a grupos escolares. As visitas guiadas a esta aula divulgativa comezarán en outubro e están destinas a grupos de escolares de Educación Infantil, Primaria e Secundaria como complemento ó ensino que reciben na escola.


Os Membrillo Fanegas en radio Fene

Membrillo Fanegas: cancións como patadas nos collóns

Sociedade 07/09/2010
  Envía a túa opinión

O grupo fenés, Membrillo Fanegas, actúa o venres 10 de setembro nas festas da Parrocheira de Ferrol e o sabado 18 no Fenerock. As catro patas do grupo son Joaquín, Nacho, Lage e Javi. Naceron en Fene no 2008 e o seu ultimo video clip chámase Llotuve.Teñen gañas, talento, enerxía e gracia, así que o futuro é deles.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -193 -194 -195 -196 -197 -198 -199 -200 -201 -202 -203 -204 -205 -206 -207 -208 -209 -210 -211 -212 -213 -214 -215 -216 -217 -218 -219 -220 -221 -222 -223 -224 -225 -226 -227 -228 -229 -230 -231 -232 -233 -234 -235 -236 -237 -238 -239 -240 -241 -242 -243 -244 -245 -246 -247 -248 -249 -250 -251 -252 -253 -254 -255 -256 -257 -258 -259 -260 -261 -262 -263 -264 -265 -266 -267 -268 -269 -270 -271 -272 -273 -274 -275 -276 -277 -278 -279 -280 -281 -282 -283 -284 -285 -286 -287 -288 -289 -290 -291 -292 -293 -294 -295 -296 -297 -298 -299 -300 -301 -302 -303 -304 -305 -306 -307 -308 -309 -310 -311 -312 -313 -314 -315 -316 -317 -318 -319 -320 -321 -322 -323 -324 -325 -326 -327 -328 -329 -330 -331 -332 -333 -334 -335 -336 -337 -338 -339 -340 -341 -342 -
Publicidade

Axenda

Concerto de SuperTramp dentro da xira 70-10 Tour
11/09/2010 - 22:30
Coliseum de A Coruña
Dakidarría en Salvaterra de Miño
11/09/2010 - 22:00
Café Concerto Vagalume
Estreno en Coruña da obra Brujas
11/09/2010 - 20:00
Teatro Colón Caixa Galicia
Moonjackets actúan en A Illa de Arousa
11/09/2010 - 00:00
O Con do Moucho
Arrinca en Santiago o Mercado Atlántico de Creación Contemporánea
10/09/2010 - 9:00
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Concerto de Arizona Baby & Friends
10/09/2010 - 22:30
Sala Le Club de A Coruña
Der Ventilator, Disco Las Palmeras! e The Cobras en Vigo
10/09/2010 - 22:00
La Fábrica de Chocolate Club
Representación de Master Class en A Coruña
10/09/2010 - 21:00
Teatro Rosalía de Castro
O humor de Noites de Retranca en A Coruña
10/09/2010 - 20:30 e 22:30
Teatro Colón Caixa Galicia
Teatro: Xerpo Cultural presenta “Actuaciencia” en O Porriño
10/09/2010 - 20:00
Centro Cultural Municipal

Enquisa

Paréceche correcto gastar 3 millóns de euros das arcas públicas na visita do Papa?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros