Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Cartel do evento promovido por Reas Galicia

Ordes acolle un foro económico nos antípodas de Davos

Sociedade 22/01/2016
  Envía a túa opinión

Celébrase estes días en Davos, en Suíza, o Foro Económico Mundial, onde mandatarios de todo o planeta manteñen encontros e debaten arredor das finanzas e grandes procesos macroeconómicos que rexen o mundo. Mais hai outra economía diferente, situada nos antípodas de Davos, e que tamén celebra esta fin de semana un encontro. O concello coruñés de Ordes acolle mañá sábado 23 de xaneiro o I Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia, que se desenvolve baixo o lema “Intercooperar” e que coordina Reas Galicia. O encontro na Praza de Abastos de Ordes ten por finalidade darlle visibilidade e coñecer directamente ás persoas que forman parte do sector, creando ou revitalizando espazos de intercooperación.


Hector Cajaraville gañou o Premio Xerais 2015

Convocados os premios Xerais de novela 2016

Sociedade 21/01/2016
  Envía a túa opinión

Edicións Xerais de Galicia convoca os Premios Xerais 2016 para orixinais en lingua galega, conforme a normativa vixente, nas modalidades de novela, literatura infantil e literatura xuvenil. O Premio Xerais de novela chega a súa trixésimo terceira edición, o Merlín de literatura infantil acada á trixésimo primeira e o Jules Verne de literatura xuvenil, que conta coa colaboración de Ámbito Cultural-El Corte Inglés, á oitava. Todos os tres premios están dotados con 10.000 euros.


Ramiro Recouso

Pesar pola morte de Ramiro Recouso

Sociedade 29/10/2015
  Envía a túa opinión

O histórico dirixente do BNG de Ordes Ramiro Recouso faleceu nesta xornada vítima dun cancro. A noticia causou un fondo pesar na vila onde era moi coñecido tras encabezar a formación nacionalista desde hai vinte anos. Contaba con 47 anos de edade.


O brindis de Luz Casal

Luz Casal, solidaria contra o cancro

Sociedade 19/10/2015
  Envía a túa opinión

A cantante de Boimorto acudiu ao restaurante Barreiro acompañando ós 360 veciños e veciñas, nunha cita que persegue concienciar e recadar fondos para a investigación. Pasaban xa das 14.30 horas, cando máis dun empezaba a apañar distraidamente no pequeno boliño de pan. Foi entón cando fixo a súa entrada a última das comensais e todo o comedor do restaurante Barreiro saltou polos aires cun estruendoso aprauso. De súpeto estaba alí Luz Casal, sen poder borrar o rubor do seu rostro ante tanto protagonismo. Ela que xa debería estar afeita despois de encher teatros, pavillóns, auditorios e prazas públicas. Ninguén, agás un reducidísimo número de persoas da organización o sabían. Por iso non faltou quen se levantou da cadeira para asegurarse de que a vista non lle xogaba unha mala pasada.


As casas de pincho, da Algalia

Os cambios morfolóxicos de Compostela

Sociedade 07/10/2015
  Envía a túa opinión

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presenta mañá xoves na Fundación Torrente Ballester un libro sobre a evolución urbana da cidade entre 1778 e 1950. A publicación é obra do arquitecto e profesor compostelán Pablo Costa.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros