Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Negreira

Información da emisora Novas da emisora

Un dos vehículos de Ambuibérica

As ambulancias pararán o martes e o xoves da vindeira semana

Sociedade 16/06/2016
  Envía a túa opinión

A FGAMT-CIG anunciou a convocatoria de folga, para os días 21 e 23 de xuño, en Ambuibérica, empresa concesionaria do transporte sanitario do 061. Unha folga en demanda do cumprimento do convenio colectivo e para denunciar a falta de persoal, o exceso de horas, salarios por debaixo do que contempla o convenio e falta de limpeza e desinfección da uniformidade. O representante da FGAMT-CIG de Compostela , Inácio Pavón, que compareceu acompañado de Yolanda Villaverde, delegada na Costa da Morte e Pablo Taboada, delegado en Silleda-Lalín, anunciou ademais que están previstas mobilizacións, coincidindo coa primeira xornada de folga –o 21 de xuño-, en Vigo e Compostela e unha mobilización nacional, por concretar, o día 23. Pavón responsabilizou da situación na que se atopa o persoal de Ambuibérica, por unha banda á propia empresa e, pola outra, á Xunta, da que dependen tanto a consellaría de Sanidade como o 061 e que “son quen teñen que garantir que se cumpran as condicións laborais e a prestación do servizo coa maior calidade posíbel”, explicou. A CIG sinala que o dono de Ambuibérica foi alcalde polo Partido Popular. Trátase de Carlos Magdaleno, ex rexedor de Mayorga, concello de Valladolid.


Feiraco en Negreira

O goberno da cooperativa

Sociedade 07/06/2016
  Envía a túa opinión

O goberno da cooperativa. Un edil da oposición conservadora chamaba así á coalición de goberno dunha vila galega coa intención de desprestixialo. Hoxendia as cooperativas poden ser tamén modelos de eficiencia económica e social.


Xoaquín Fernández Leiceaga

Leiceaga gaña as primarias e será o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta

Sociedade 29/05/2016
  Envía a túa opinión

Xoaquín Fernández Leiceaga foi elixido candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta no proceso interno que celebraron os socialistas galegos para elixir o seu cabeza de cartel nas eleccións de Outono, a falta do reconto total dos apoios, aínda que ambas as candidaturas xa recoñecen a vitoria para o economista noiés. As cifrans dan 3662 votos para Leiceaga fronte a 2976 do actual voceiro parlamentar José Luís Mëndez Romeu.


Portada do libro Conde Roa, caso perdido

A xustiza investiga as adxudicacións do PP no Concello de Santiago

Sociedade 20/05/2016
  Envía a túa opinión

A titular do Xulgado número 1 de Lugo, Pilar de Lara, deu orde para ampliar as investigacións relativas ao goberno do PP que na época na que Gerardo Conde Roia presidiu o goberno local do Concello de Santiago, por mor dun novo informe de Vixilancia Aduaneira de data do 10 de maio deste ano. A xuíza asinou unha providencia o día 16 na que pide aclarar as adxudicacións obtidas pola empresa Unika "e a súa relación coas conversacións investigadas concretando se as presuntas influencias chegaron a termo e, no seu caso, os contratos ou adxudicacións obtidos".


A conselleira de Sanidade no Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo

Faltan médicos en oncoloxía de Santiago de Compostela

Sociedade 05/05/2016
  Envía a túa opinión

A fiscalía estudará a existencia de retrasos inxustificados nos servizos de oncoloxia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. SOS Sanidade Pública e a asociación de Usuarios acusan á Xunta de Galicia de facer repercutir os recortes presupostarios no dereito á saúde da cidadanía.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros