Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 16 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Tanxugueiras

Tanxugueiras, cantareiras extrovertidas e orixinais

Sociedade 14/12/2016
  Envía a túa opinión

Son tres cantareiras extrovertidas, orixinais e cunhas voces espectaculares procedentes da zona de Teo e do Barbanza. Chámanse Sabela, Olaia e Aida e aló por xaneiro de 2016 decidíronse a constituír oficialmente o grupo unidas polo pracer de cantar e tocar a música da nosa terra e de recoller o herdado das nosas avoas. Algún tempo despois, aumentaron a familia creando un espectáculo xunto a Cibrán Seixo (violín) e Rubén Fernández (acordeón) que lles axudou a enriquecer a súa sonoridade e a darlle un aire novo ás súas cantigas.


Teresa Barberena, autora da tese

Prestige e Nunca Máis, catorce anos despois

Sociedade 13/11/2016
  Envía a túa opinión

Cúmprense catorce anos da traxedia do Prestige, o desastre que provocou que durante meses o Partido Popular -daquela no goberno central e na Xunta de Galicia- quedará na máis absoluta minoría e aillamento na sociedade galega. Ergueuse Nunca máis como expresión organizada da protesta e da rebeldía que xenerou admiración e solidaridade en todo o mundo. 


Fotografía de Ruth Matilda Anderson

O que había de xenuino e verdadeiro no pobo e nas terras galegas

Cultura 07/11/2016
  Envía a túa opinión

Como era á Galicia dos anos 20 do século pasado? Nesta época, o país foi retratado pola cámara da fotógrafa e etnógrafa da Hispanic Society of America en Nova York, Ruth Matilda Anderson. A artista norteamericana percorreu entre 1924 e 1926 a nosa terra e realizou máis de sete mil fotografías. O interese da viaxe estaba en atopar "o rostro auténtico, fermoso ou non, do pais galego" en palabras do fotógrafo Xosé Luis Cabo.


Placa en lembranza dos mortos de Nebra

A rebeldía de Nebra

Sociedade 12/10/2016
  Envía a túa opinión

Cinco persoas, catro homes e unha muller, morreron en Porto do Son o 12 de outubro de 1916 ao disolver a Garda Civil unha manifestación cidadán en contra duns impostos considerados inxustos. Aconteceu na ponte de Cans en Nebra nun episodia de rebeldía anticaciquil.


Fernando Patricio. Fotografía: Beatriz Maroño

Lobos de mar, mergulladores e tesouros

Sociedade 12/05/2016
  Envía a túa opinión

Morreron cincocentas cincuenta persoas a maioria delas de Ferrol. O naufraxio da Magdalena e do Palomo en 1810 en Viveiro é unha das peripecias que relata Fernando Patricio no seu libro "Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899" que se presenta este venres ás oito e media da tarde no club do mar de San Amaro da Coruña. Recóllense máis de mil  naufraxios acaecidos na costa galega, froito de máis dunha década de conversas coa xente do mar e de mergullarse nos arquivos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros