Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Casa do Concello de Melide

Un camiño de ida e volta entre Arzúa e Melide

Sociedade 28/03/2016
  Envía a túa opinión

Os de Arzúa chámanlle aos de Melide peseteiros. Os melidenses responden co alcume de pataconeiros. É só un exemplo dos roces existentes entre as duas vilas. Recuperamos o formato da radio-novela para abordar con humor as relacións e o xeito de entrar en contacto estas localidades do camiño de Santiago.


Petroglifo de Campo Lameiro

Cinco intervencións no patrimonio cultural galego

Sociedade 15/03/2016
  Envía a túa opinión

Os arquitectos Alberto Redondo e Marcial Rodríguez ofrecen hoxe na Real Academia Galega de Belas Artes unha conferencia sobre cinco intervencións no patrimonio cultural de Galicia. Trátase dunha nova sesión do ciclo Martes das Artes coa conferencia “Cinco intervencións sobre o patrimonio cultural de Galicia: Desde Campo Lameiro ata as murallas da Coruña” Será ás 20:00 horas no salón de actos da Academia na Coruña.


O alcalde de Lalín Rafael Cuiña co alcalde de Ferrol Jorge Suárez

De Vacas e Ses en Festilalín

Sociedade 04/03/2016
  Envía a túa opinión

O 'Cocido do Orgullo' reivindica a igualdade "en todo" en Lalín cun amplo programa composto por seminarios, poesía, música e teatro, entre outras actividades, ademais dunha comida nos case 30 restaurantes acreditados co distintivo.


Consello nacional do BNG celebrado o sabado

A militancia do BNG ten a última palabra

Sociedade 01/02/2016
  Envía a túa opinión

A militancia do BNG terá a última palabra no conclave do 28 de Febreiro. A partir do Consello Nacional prosegue o calendario marcado de cara á celebración da XV Asemblea nacional que terá lugar no Palexco da Coruña. Os debates nas comarcas prolongaranse ata o 15 de febreiro, data límite para remitir as emendas aprobadas pola militancia ao Consello Nacional, que celebrará un último encontro antes da cita asemblearia o 20 de febreiro. Tres relatorios, dous como voto particular, formulan propostas programáticas, de discurso, organizativas e de estratexia electoral coa premisa común de manter un proxecto nacionalista autónomo e recuperar apoio social.


Boicot a President e Lauki

Sociedade 22/01/2016
  Envía a túa opinión

A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo de Galicia acordou iniciar un boicot contra os produtos de Lactalis tras manter onte unha reunión coa industria que se pechou sen ningún avance. Lactalis negouse a subir o prezo do leite na granxa, segundo a Plataforma, polo que os gandeiros decidiron iniciar unha campaña de boicot contra o fabricante de marcas como President ou Lauki.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros