Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 10 de Septembro de 2010

Emisoras > Radio Foz

Información da emisora Novas da emisora

No cabo Prior debeu funcionar unha atalaia das baleas

As atalaias das baleas

Sociedade 14/08/2010
  Envía a túa opinión

"Mirando al mar soñé que estabas junto a mí. Mirando al mar yo no sé que sentí que acordándome de ti, lloré.” Ao mellor tararean a canción de Jorge Sepúlveda os membros da Rede Galega de Avistamento de Cetáceos. O seu traballo consiste en mirar ao mar, buscando baleas, arroaces, golfiños, focas de Groenlandia ou tartarugas do Caribe. 


Fotografía: Sandra Barallobre

Cogami sopla forte

Sociedade 11/08/2010
  Envía a túa opinión

En un lugar de la Mancha, de cuyo nombre no quiero acordarme, vivía un hidalgo caballero de los de lanza en astillero. Comeza así o coñecido libro de Miguel de Cervantes, Don Quijote de la Mancha. A expresión "de los de lanza en astillero" é unha locución adverbial en desuso que alude a unha persoa cun posto, dignidade ou emprego importante. As persoas con discapacidade de Galicia teñen agora unha oportunidade laboral, da man de COGAMI que ven de presentar un proxecto ao concurso eólico, un proxecto "de los de lanza en astillero" para o que contan coa colaboración de Astilleros Armón de Burela.


Burela rende tributo un ano máis ao seu príncipe azul

Sociedade 02/08/2010
  Envía a túa opinión

Asado, cocido ou en empanada. Así poderemos degustar este sábado, 7 de agosto, o bonito en Burela. A localidade da Mariña lucense acolle a vixésimo sexta edición da feira de exaltación deste produto, un evento declarado de interese turístico galego. A festa de exaltación comezará ás seis e media da tarde na explanada do porto, aínda que xa pola mañá haberá oco para os xogos tradicionais de temática pesqueira e cara o mediodía para unha sesión vermú. A música tamén será a encargada de pechar a cita coa correspondente verbena. O pregoeiro será o almirante xefe do Arsenal de Ferrol, Santiago Bolíbar.



IES de Foz

A mariña lucense únese en defensa da ensinanza

Sociedade 08/07/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

A mariña lucense atópase en pé de guerra contra a medida adoptada pola Xunta de Galicia que suprime varios ciclos formativos nos centros de ensinanza secundaria. Todos os alcaldes da mariña luguesa, os sindicatos máis representativos, Anpas, comités de estudantes e centros, convocados pola CIG-Ensino, crearon unha plataforma cidadá para intentar frear o recurte da oferta educativa en ciclos formativos e ensinanza de adultos. Cualifican de ataque á comarca a decisión de Educación de eliminar varios ciclos de FP na comarca así como reducir en varios centros a modalidade presencial de adultos por outra semipresencial a distancia. Porén, a CIG pide o respaldo de todos os mariñanos.


Cartaz do festival

O mellor humor galego dase cita en Xove

Sociedade 02/07/2010
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

“O humor galego é o mellor do mundo” afirma Roberto Vilar, coñecido polo seu personaxe de Tonecho e director do Festival do Humor de Xove. Unha cita que se celebra mañá sábado, ás dez e media da noite, no Centro Cívico deste concello da mariña lucense. Tras unha exitosa primeira edición, os mellores humoristas do mundo soberán ao escenario a través dun formato semellante ao do “Club de la comedia” con música en directo e actuacións.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -
Publicidade

Axenda

Concerto de SuperTramp dentro da xira 70-10 Tour
11/09/2010 - 22:30
Coliseum de A Coruña
Dakidarría en Salvaterra de Miño
11/09/2010 - 22:00
Café Concerto Vagalume
Estreno en Coruña da obra Brujas
11/09/2010 - 20:00
Teatro Colón Caixa Galicia
Moonjackets actúan en A Illa de Arousa
11/09/2010 - 00:00
O Con do Moucho
Arrinca en Santiago o Mercado Atlántico de Creación Contemporánea
10/09/2010 - 9:00
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Concerto de Arizona Baby & Friends
10/09/2010 - 22:30
Sala Le Club de A Coruña
Der Ventilator, Disco Las Palmeras! e The Cobras en Vigo
10/09/2010 - 22:00
La Fábrica de Chocolate Club
Representación de Master Class en A Coruña
10/09/2010 - 21:00
Teatro Rosalía de Castro
O humor de Noites de Retranca en A Coruña
10/09/2010 - 20:30 e 22:30
Teatro Colón Caixa Galicia
Teatro: Xerpo Cultural presenta “Actuaciencia” en O Porriño
10/09/2010 - 20:00
Centro Cultural Municipal

Enquisa

Paréceche correcto gastar 3 millóns de euros das arcas públicas na visita do Papa?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros