Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Cartaz da campaña

Compra árbores con vida

Sociedade 28/12/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes desde a súa Concellería de Medio Ambiente segue dando consellos aos seus veciños para que poidan disfrutar dun nadal verde. Nesta ocasión a recomendación é, por terceiro ano consecutivo, a de comprar unha árbore de Nadal natural con raíz. A árbore de plástico é unha opción desacertada porque para a fabricación do plástico empréganse hidrocarburos e outros derivados do petróleo e o propio proceso de fabricación é moi contaminante.


Máis de medio cento de nenos e nenas ordenses participan nas actividades de conciliación organizadas polo Concello

Conciliando polo nadal

Sociedade 27/12/2010
  Envía a túa opinión

Coa chegada do Nadal o Concello de Ordes puxo en marcha, a través da concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade, que dirixe a concelleira Silvia Marín, unha nova edición do programa “Conciliar será fácil e divertido”. O programa arrincou o pasado día 23 de decembro e participan máis de medio cento de nenos e nenas ordenses.


Cartaz da iniciativa

Aforrando enerxía, agasallámonos polo nadal

Sociedade 22/12/2010
  Envía a túa opinión

Dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes elaboráronse uns dípticos informativos nos que se recollen unha serie de consellos para que se reduza o consumo de enerxía e para que entre todos teñamos un nadal máis sutentable e solidario, tendo en conta que no Nadal aumenta o noso consumo de enerxía.


Visita dos escolares

Os escolares coñecen de perto a xestión da auga e os residuos

Sociedade 22/12/2010
  Envía a túa opinión

A concellería de Medio Ambiente de Ordes programou un calendario de visitas á ETAP (Estación de Tratamento de Auga Potable), á EDAR (Estación Depuradora de Auga Residual) e ó Punto Limpo do Concello de Ordes para escolares do municipio.


A conferenciante Patricia Beiro co edil Jesús Pedreira

Ordes continúa apostando pola saúde

Sociedade 20/12/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes celebrou o pasado venres unha nova charla enmarcada dentro dos programa Venres Saudables que leva a cabo a través da concellería de Sanidade. Nesta ocasión tocoulle o turno ao tema da hipertensión arterial, contando a charla coa colaboración da Asociación Galega de Dietistas-Nutricionistas, sendo Patricia Beiro, Vocal de Pontevedra da Asociación, a encargada da realización da mesma.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros