Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

O Xantar sobre Rodas atende mensualmente a unha media de 70 veciños e veciñas

Axudando aos maiores

Sociedade 21/01/2011
  Envía a túa opinión

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Allariz vén de actualizar o cadro de tarifas dos programas de Comedor sobre Rodas e Comedor Social co fin de racionalizar a súa prestación,  mantendo as condicións  que garanten a accesibilidade ós mesmos dos maiores alaricanos.


O alcalde de Allariz, Francisco García, non puido acudir á inauguración ao non ser avisado con tempo

Controversia arredor da inauguración da ETAP de Allariz-Taboadela

Institucional 14/01/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz lamenta a falla de respecto institucional do Conselleiro de Medio Ambiente, Territorial e de Infraestruturas en relación á inauguración da Nova ETAP (Estación de Tratamento de Auga Potable) de Allariz-Taboadela.


Retrato de Manuel Curros Enríquez

Celanova reclama apoios para que a estación do AVE de Ourense leve o nome de Curros Enríquez

Sociedade 02/01/2011
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

A Fundación Curros Enríquez intensifica a campaña para para solicitar ao Ministerio de Fomento que a próxima estación do AVE de Ourense leve o nome do escritor e para que se coloque nun sitio visible o seu poema Na chegada a Ourense da primeira locomotora. A entidade acaba de por á disposición dos visitantes da Casa dos Poetas os documentos de adhesión a este proxecto que xa obtivo, entre outros, o apoio unánime do pleno do Concello de Celanova.

 


Marcos Valcarcel naceu en Ourense en 1958

Morreu Marcos Valcarcel

Cultura 05/12/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

No día de hoxe, contra o mediodía, faleceu en Ourense o historiador, escritor e profesor, Marcos Valcárcel López, despois dunha longa enfermidade.Quen desexe darlle o derradeiro adeus pode acodir ao Tanatorio "As Burgas" de Ourense (nº 6) durante a tarde de hoxe e mañá luns día 6 durante todo o día. O Premio Castelao 2009, o Premio Otero Pedrayo ou o do Pen Club de Galicia foron algúns dos galardóns recibidos por Marcos nos últimos tempos.


As xornadas arrincan hoxe con talleres de autodefensa

Non deas as costas á violencia de xénero!

Sociedade 22/11/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz, a través da área de Benestar Social, desenvolverá durante esta semana as Xornadas contra a Violencia de Xénero. O Fogar do Maior acollerá, entre hoxe e ata o vindeiro domingo, a programación adicada a sensibilizar á poboación na erradicación da violencia contra as mulleres a través de obradoiros, charlas, unha exposición e un videoforum.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros