Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Agárdanse olas de compoñente Oeste de ata 5 metros no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra

O sábado, alerta laranxa en toda a costa galega

Sociedade 10/02/2011
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia alerta de que o episodio de meteoroloxía adversa por fenómenos costeiros de nivel laranxa que está afectando á costa coruñesa estenderase o sábado, 12 de febreiro, a todo o litoral galego. egundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), xa na tarde de mañá, a partir das 18.00 horas, espéranse olas de compoñente Oeste de ata 5 metros no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra; mentres que no de Lugo o nivel de alerta continuará sendo amarelo. Será o sábado, día 12, cando a alerta laranxa estenderase ás tres provincias costeiras de Galicia.


Romanía ten en activo numerosos proxectos para o voluntariado

Voluntario rumbo Romanía

Sociedade 08/02/2011
  Envía a túa opinión

O vindeiro 15 de febreiro o Concello de Boiro enviará de novo a un voluntario para participar nun proxecto europeo en Romanía. Con este xa son 6 os mozos (4 nun proxecto en Romanía, un nun proxecto en Irlanda e outro nun proxecto en Italia) que na actualidade foron enviados pola entidade local dentro do proxecto Xuventude en Acción para participar en proxectos de diversa índole, fundamentalmente do eido social. Concretamente, este novo voluntario participará nun proxecto de educación non formal en centros educativos na cidade de Craiova desde o 15 febreiro ata o15 de novembro do 2011.


Segundo a voceira socialista a Xunta non acordou ningunha iniciativa para desenvolver o convenio

Marisol Soneira (PsdeG): “A Consellería do Mar incumpre o convenio co MARM para a preservación do litoral”

Institucional 08/02/2011
  Envía a túa opinión

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira vén de rexistrar unha interpelación na Cámara Autonómica na que reclama explicacións ao Goberno de Feijoo sobre a deixadez da Xunta entorno ao Convenio asinado entre o MARM e a Consellería do Mar para a xestión integral e sostible do litoral. A deputada socialista lembra, na iniciativa rexistrada, que o BOE publicou o Convenio de colaboración o pasado 24 de novembro de 2006. Advirte que tiña por convenio establecer un marco estable de coordinación e colaboración entre as dúas administracións, coa finalidade de levar a cabo unha xestión integrada das zonas consteiras galegas, conforme á lexislación en materia de costas, urbanismo, ordenación territorial e do litoral, e da conservación da natureza.


Imaxe do mexillón en escabeche de os Dous de Sempre

Os hostaleiros de Boiro cos bodegueiros de Ribadavia

Sociedade 07/02/2011
  Envía a túa opinión

Os hostaleiros participantes no “II Concurso de tapas”, organizado pola Concellería de Turismo do Concello de Boiro e que se enmarca no proxecto de dinamización turística do mexillón de Boiro, viaxan este luns, día 7 de febreiro, a Ribadavia. Gozarán dunha visita guiada pola zona vinícola do Ribeiro, visitarán as bodegas de Viña Costeira e poderán degustar o viño e os produtos típicos nun xantar, xentileza da bodega. Os hostaleiros irán acompañados de representantes do Concello de Boiro.


Rosa Quintana visitou esta semana o salón Xantar en Ourense

A Xunta pide prórroga en Bruxelas

Sociedade 05/02/2011
  Envía a túa opinión

A conselleira do Mar, Rosa Quintana manterá o martes, 8 de febreiro, unha xuntanza coa Comisaria Europea de Pesca e Asuntos Marítimos, María Damanaki, na que unha vez máis defenderá a proposta de Galicia para a nova Política Pesqueira Común. Trasladarálle á comisaria as principais problemáticas e demandas da pesca galega no referente á redución de TAC´s e cotas, á moratoria para as zonas C, ao cambio de método de análise de biotoxinas e ao reparto dos fondos FEP, entre outros.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros