Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Imaxe de arquivo dun porco na granxa

16 porcos morren no incendio dunha granxa

Sociedade 16/12/2010
  Envía a túa opinión

16 porcos morreron no incendio rexistrado este xoves nunha granxa porcina no termo municipal de Arzúa (A Coruña), supostamente causado por un curtocircuíto. Ás 9.57 horas o 112 foi alertado dun incendio nunha granxa situada na aldea de Soutullo, no parroquia de Calvos, no municipio coruñés de Arzúa.
  


Presentación das VI Xornadas Agrarias Galegas

Melide acollerá as VI Xornadas Agrarias Galegas

Sociedade 14/12/2010
  Envía a túa opinión

Técnicos, labregos e labregas daranse cita o 17 e o 18 de decembro en Melide para debater sobre o futuro da agricultura galega, no marco da VI edición das Xornadas Agrarias Galegas. Neste evento, organizado pola Federación Rural Galega (FRUGA) e o Concello de Melide, debaterase sobre a rendibilidade das explotacións de carne e de leite, os costos de produción, a mobilidade das terras, e mesmo sobre o futuro da PAC, contando coa presenza dos grupos parlamentarios.


Imaxe do Camiño Primitivo

Recuperación do trazado secular do Camiño de Santiago

Cultura 17/11/2010
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

Recuperar e sinalizar un treito da calzada histórica do Camiño de Santiago no Concello de Toques (A Coruña). Con esta finalidade, voluntarios de ADEGA e as asociacións constituíntes do Foro do Camiño Primitivo promoven este sábado, día 20 de novembro, unha actividade de campo para restablecer a traza secular do Camiño de Santiago fronte á “inoperante” actuación oficial do Xacobeo co desvío falsificado do itinerario histórico da rota xacobea. Realizarase nun treito duns 300 metros, entre as parroquias de Santiago de Vilouriz e de Vilamor, coincidindo co lugar da Pena Ferrada, emblemática rocha cargada de simboloxía na memoria oral da Terra de Melide.


Segundo a representante sindical, o Ministerio de Agricultura ten que mediar nas negociacións

Sen moito tempo para o leite

Sociedade 08/11/2010
  Envía a túa opinión

Tras a reunión da Interprofesional Láctea (Inlac) do pasado venres 5 de novembro, o Sindicato Labrego Galego decidiu retomar a campaña de mobilizacións do sector lácteo en demanda dun prezo digno para as explotacións. Esta media adoitase ante a negativa dos representantes das empresas na Inlac a fixar un prezo para o leite do último trimestre do 2010 que cubra os custes de produción e remunere de maneira digna o traballo nas explotacións. A diferenza de anteriores protestas, agora as mobilizacións serán a escala estatal, xa que a Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) e todas as unións que forman parte dela, anuncian o inicio de protestas en todas as zonas produtoras de leite do Estado.


O Camiño pola Lingua chega a Compostela

Cultura 30/10/2010
  Envía a túa opinión

Ao seu destino, a Santiago de Compostela, chega mañá domingo o Camiño pola Lingua, a iniciativa lúdico-reivindicativa de defensa do idioma propio posta en marcha por Queremos Galego e outras entidades sociais e culturais da cidade de Ourense, entre elas a veterana Asociación Xuvenil Amencer. Os participantes iniciaron o pasado día 10 na cidade das Burgas unha ruta xacobea pola Vía da Prata, que continuou con etapas sucesivas desde Cea e Lalín.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros