O anunciado rexuvenecemento dos cadros de persoal das antigas Astano e Bazán non pode vir pola prexubilación dos maiores de sesenta anos e a súa substitución por compañías auxiliares. Os representantes sindicais insisten na súa demanda de contratos-relevo para que xente nova sustituia ao persoal que se retire. Esa foi unha das reivindicacións que os representantes de CIG Industria trasladaron aos grupos do Parlamento de Galicia nos pasados días.
Aerolíneas Federales esta noite en A Coruña (Playa Club) e mañá sabado en Ferrol (Super8). Son os dous primeiros concertos de presentación do novo disco @AAFF#715, publicado este outono en todas as versións, en dixital, en vinilo, libro cos textos, ilustracion e letras, e un CD. Semella que quixeran reunir os soportes do seu pasado e do seu presente. @AAFF ven ser o Twitter oficial do grupo. Trátase do seu disco número 7, publicado en 2015 (15) e á súa vez, #715 é a cor morada que se ve na portada e que leva tamén o vinilo.
O dia antes de morrer o pasado vintesete de novembro Xosé Neira Vilas correxiu as últimas probas de “Galicia, nosa ledicia” historia da nosa terra en versos, ilustrada por Dani Vieitez e Iria Iglesias. O autor de “Memorias dun neno labrego” non chegou a ver editado este libro publicado por Edicións Embora.
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) inaugura a súa proposta de espectáculos escénicos para escolares en Ferrol coa obra de teatro en inglés «Alice» da compañía Blue Mango Theatre. A función, basada no clásico de Lewis Carroll, conta as aventuras da pequena Alice na súa viaxe por un lugar cheo de extravagantes e divertidos personaxes cos que aprenderá as tradicións do mundo anglosaxón.
Viaqua anuncia un corte no servizo de auga en Fene para este venres. Afectará á rúa Travesa, camiño do Inferniño, Mundín, Foxas e Gerardo Diaz. O corte prolongaráse entre ás 8,30 da mañá e a unha e media do mediodia.