Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Unha vintena de ordenses participan no obradoiro de cociña

Menú navideño: Sopa de peixe e marisco, popietas de linguado e langostinos en salsa verde

Sociedade 16/12/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes xa deu o pistoletazo de saída ás actividades enmarcadas dentro da programación cultural  navideña. Así na noite do pasado martes daba comenzo unha das actividades dirixidas aos adultos do municipio, o obradoiro de cociña. Son un total de 15 participantes os que están a asistir a esta actividade, que consta de dúas sesións, unha que se celebrou o martes, e a última mañá de 20 a 22 horas na Casa da Cultura.


A Mancomunidade de Ordes acordou, por unanimidade, este traspaso de competencias

O Centro de Información á Muller pasa a depender da Mancomunidade de Ordes

Sociedade 16/12/2010
  Envía a túa opinión

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes asume o servizo que presta o Centro de Información á Muller (CIM), que seguirá mantendo a súa sede actual no Concello de Ordes. Acordouse así, por unanimidade, no pleno ordinario da Mancomunidade de Ordes celebrado onte mércores na cidade ordense.


Baixo o título “Reciclaxe Divertida” o programa Voluntariado Verde levou estes talleres aos centros educativos do municipio

Máis de 400 escolares ordenses participaron nos obradoiros sobre reciclaxe

Sociedade 15/12/2010
  Envía a túa opinión

O programa de Voluntariado Verde, promovido pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes e patrocinado por Caixanova, puxo fin á súa programación para o 2010 cos obradoiros sobre reciclaxe que realizou nos diferentes centros educativos da vila e que levaron por título "Reciclaxe Divertida". Programa co que se pretendía que os máis xóvenes aprendan a separar os elementos do lixo e coñecer e empregar de forma axeitada os contenedores de reciclaxe dun xeito moi didáctico e divertido.


A actividade enmárcase dentro da programación navideña

Arrinca a programación cultural do nadal

Sociedade 15/12/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes organiza o próximo venres 17 de decembro, na Biblioteca Municipal situada nos baixos da Alameda, unha nova sesión das Tardes de Contos e Lendas, dando así o pistoletazo de saída á programación cultural de Nadal.


Acto de clausura dos cursos de informática celebrados durante novembro e parte de decembro

Novo ciclo de obradoiros de informática

Sociedade 14/12/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes, dentro do Circuíto Deportivo e Cultural posto en marcha polo departamento de Cultura e Deporte o pasado mes de novembro, celebrará o próximo mes de xaneiro novos obradoiros de informática. Tratarase nesta ocasión de cursos de iniciación e perfeccionamento de Windows XP, de 20 horas de duración cada un, nos que xa están inscritos para participar preto de medio cento de veciños e veciñas de Ordes.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros