Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

Rufino Vieira

A fauna estable na lagoa artificial das Pontes

Sociedade 26/06/2010
  Envía a túa opinión

“Vai ser complicado contar cunha fauna estable na lagoa artificial das Pontes, segundo o xefe da estación hidrobiolóxica da Universidade de Santiago de Compostela Rufino Vieira. O biólogo achegouse a Maniños (Fene A Coruña) e ofreceu unha charla dentro das Xornadas organizadas pola Asociación Etnográfica e da Natureza Amigos do Rio Baa. Actividade rematará esta tarde de sábado cunha churrascada no muiño de Emiliano.


Javier Guerra, Tomás Rodríguez e Núñez Feijóo escoitan as explicacións sobre o funcionamento da casa bioclimática do persoal de Sotavento

Núñez Feijóo inaugura a vivenda bioclimática de Sotavento e anuncia o Plan enerxético para o lustro 2010-2015

Sociedade 21/06/2010
  Envía a túa opinión

A inauguración da vivenda bioclimática que se atopa dentro do Parque Experimental Sotavento, situado na parroquia de Momán, en Xermade, serviu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo para anunciar o novo Plan enerxético estratéxico de Galicia 2010-2015, co que o executivo galego pretende conseguir un “aforro enerxético nos próximos cinco anos de 1.000 millóns de euros no que a enerxía se refire. O presidetne galego admitiu un investimento inicial de “1.200 millóns de euros para conseguir este aforro de 1.000 e continuar despois de ter realizado a inversión”. Ademais, tamén adiantou a concesión de 3.300 megavatios eólicos que estarán operativos “a finais deste ano”.


Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC)

O goberno de As Pontes a prol da consolidación do seu tecido empresarial

Sociedade 17/06/2010
  Envía a túa opinión

O executivo pontés, mediante o departamento municipal de Promoción Industrial, continúa co seu traballo para optimizar os recursos cos que conta esta concellería para coñecer de primeira man as necesidades das empresas afincadas en As Pontes, ofrecéndolles unha resposta en clave de persoal cualificado e debidamente formado. Para afondar nas necesidades das empresas, o departamento que dirixe Óscar García está a manter diferentes encontros coa dirección das distintas firmas instaladas en As Pontes e así coñecer as necesidades formativas que demandan estas factorías aos seus empregados.


Monólogos para romper o xeo

I Concurso de Monólogos

Sociedade 09/06/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de As Pontes organiza o I Concurso de Monólogos “Vila das Pontes” para o mes de Xullo. A iniciativa, que servirá para apoiar o sector da hostalería local, desenvolverase en diferentes locais de restauración da vila. O dia 15 de xullo será a final na que partidipen os catro finalistas. 1000 € están en xogo.


Un dos pisos fabricados en Galparquet

Os pisos marca fusión

Sociedade 19/05/2010
  Envía a túa opinión

Galparquet (especializados en fabricación de parquet), foi unha das empresas convidadas ás charlas organizadas pola Federación Española de Industrias da Madeira (FEIM), o pasado martes 18 de maio no Colexio de Economistas de Madrid. O acto estivo centrado no tema da Certificación da Cadea de Custodia, que é o seguimento da madeira desde a súa orixe até o destino final, de maneira que se garante ao usuario que provén de produción sustentable. A empresa radicada nas Pontes presentará en Nantes a súa liña de pisos Fusión.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros