Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 18 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Cartaz do obradoiro de cestería

A cestería abre horizontes

Sociedade 08/10/2010
  Envía a túa opinión

A Escola Municipal de Cestería, con sede no local social de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz Ourense) comezou unha nova tempada coa presentación do curso permanente e doutras novidades. Trinta e cinco persoas inscribíronse na escola. Esta gran demanda fixo precisa a ampliación das instalacións polo que o Concello rehabilitou unha antiga palleira situada nas inmediacións do pobo de Santa Mariña que servirá de complemento á escola e onde se ubicará, ademais dun almacén, a forxa para elaborar de xeito artesanal todos os aparellos que se utilizan para a cestería.


Logotipo da feira

O fenómeno mediático da literatura histórica a debate en Ourense

Cultura 08/10/2010
  Envía a túa opinión

Encontros de escritores con lectores, Feria do Libro nos Xardíns do Posío, presentacións, mesas redondas, un ciclo cultural, ou a elección por parte de lectores de Novela Inmortal forman parte das actividades da Semana Auria de Literatura Histórica, que terá lugar en Ourense dese este domingo 10 ata o 17 de outubro. A feira pretende revalorizar este xénero literario e satisfacer o interese dos lectores, editores, escritores e profesionais.


Arrinca a cita máis clásica de Galicia coa banda deseñada

Cultura 01/10/2010
  Envía a túa opinión

A cidade das Burgas convértese desde hoxe na capital galega do cómic grazas á celebración das XXII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense. Prolongaranse ata o17 deste mes de outubro e contarán con oito exposicións, cinco delas individuais e unha serie de actividades paralelas con proxección de películas, encontro cos autores ou entrega de premios. Pablo Auladell, Clara Tanit-Arqué, Manuel Bartual, Joao Facenda e Dani Monte están entre os artistas premiados que acudirán á cita máis antiga de Galicia coa novena arte.


Luís Tosar nun momento do filme “18 comidas”

Jorge Coira: “Os actores de 18 comidas pegáronse unhas viaxes emocionais moi serias”

Cultura 30/09/2010
  Envía a túa opinión

A segunda longametraxe de Jorge Coira, 18 comidas, inaugura este sábado o XV Festival de Cine Internacional de Ourense. O filme desenvólvese ao longo dunha xornada de ficción, na que se van entrecruzando diferentes historias en seis almorzos, seis xantares e seis ceas. Segundo confesou o propio director en Radiofusión: “realmente do que fala a película é dun grupo de xente que está en momentos críticos da súa vida e que están tratando de tomar as mellores decisións posibles para tratar de ser felices”. O filme afástase da anterior e exitosa longametraxe de Coira, O ano da carracha, polo que Coira non agarda o mesmo percorrido comercial. Non obstante, o seu periplo non puido comezar mellor. O cineasta lucense gañou o Premio ao Mellor Director no Festival de Cine de Taormina (Sicilia). A cinta prevese que chegue aos cines no mes de novembro.


A escritora ourensá faleceu aos 97 anos de idade (foto: La Región)

As letras galegas, tamén de loito: falece Dora Vázquez

Cultura 24/09/2010
 10 comentario/s - Envía a túa opinión

O mundo da cultura galega está de loito polo pasamento de Dora Vázquez (1913-2010) o pasado xoves aos 97 anos de idade, e será enterrada este sábado, no cemiterio de San Francisco de Ourense, informa a Asociación de Escrtitores en Lingua Galega. Foi autora de varios libros de poesía xunto á súa irmá, a tamén falecida Pura Vázquez, como As Pontes do Amor e de numerosos libros de literatura infantil. Así mesmo, a escritora comezou a súa actividade literaria moi nova con La Noche, no ano 1948 e Vida Gallega. De feito, durante a súa traxectoria profesional recibiu varios premios en certames de xogos florais, de vilancicos e sobre todo, de poesía, e algúns deles de carácter estatal.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros