Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Estación invernal de San Isidro

Deportes de inverno para os máis xóvenes

Sociedade 02/02/2011
  Envía a túa opinión

A Asociación Cultural Borobó ten previsto para o vindeiro 25 de febreiro unha viaxe a estación invernal de San Isidro (León). Dende a Asociación é a segunda actividade deste tipo que organiza a asociación na tempada de inverno. Dado o éxito acadado na primeira, apostan denovo pola súa reedición.


Casa do Concello de Cee

Detidos os alcaldes de Cee, Fisterra e Mazaricos acusados de prevaricación

Sociedade 31/01/2011
  Envía a túa opinión

Os alcaldes de Cee, Fisterra e Mazaricos foron detidos esa mañá xunto a dous concelleiros e tres industriais da comarca por axentes da Unidade de Delitos Económicos e Fiscais, que interviron os tres concellos, informaron fontes da Policía Nacional. Os oito detidos están acusados de delitos de tráfico de influencias, prevaricación, suborno e falsificación documental. O dispositivo policial, denominado «Operación Orquestra», está a levarse a cabo pola Xefatura Superior de Policía de Galicia e baixo as ordes do Xulgado de Instrución número dous de Corcubión.


A actividade arrinca o 3 de febreiro

Unha morea de contos para os raparig@s

Sociedade 31/01/2011
  Envía a túa opinión

A biblioteca municipal do Concello de Boiro, situada na Casa de Cultura, desenvolverá durante os meses de febreiro e marzo un programa que, baixo o título “Unha morea de contos”, pretende achegar o mundo dos libros aos nenos desde as primeiras idades. A actividade, que consiste na realización de sesións de contacontos e xogos, está dirixida a rapaces de 1º e 2º de Educación Primaria.


Campaña exerceu ata este nomeamento como Coordinador Comarcal de Xuventudes Socialistas do Barbanza e Secretario Xeral de Xuventudes Socialistas de Boiro

Jorge Campaña, novo secretario de Organización do PSdeG de Boiro

Sociedade 31/01/2011
  Envía a túa opinión

A Asamblea Xeral do PSdeG-PSOE de Boiro celebrada vén de elexir a Jorge Campaña como novo Secretario de Organización. A elección constitúe un importante paso na aposta pola revitalización e a renovación emprendida pola agrupación socialista boirense. A Asamblea Xeral valorou positivamente a capacidade, espíritu emprendedor e dinamismo demostrados nos últimos anos por Campaña no desempeño das súas funcións como Coordinador Comarcal de Xuventudes Socialistas do Barbanza e Secretario Xeral de Xuventudes Socialistas de Boiro.


Guillerme Vázquez depositando a ofrenda no Panteón de Galegos Ilustres

O carácter revolucionario de Castelao

Sociedade 30/01/2011
  Envía a túa opinión

O BNG reivindicou o ideario do "pai do nacionalismo moderno" Alfonso Daniel Rodríguez Castelao marcado polo seu carácter "revolucionario" e de crenza no "autogoberno" de Galicia con motivo do 125º aniversario do seu nacemento, fronte "a aqueles que "pretenden enterralo baixo sete lousas e que o seu pensamento non se difunda no seo da sociedade galega". Así o destacou o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, nun acto celebrado este mediodia no Panteón de Galegos Ilustres, onde subliñou a intención de non facer unha homenaxe "ritual" no aniversario do día do nacemento de Castelao --30 de xaneiro de 1886)--. Chamou a "comprometerse co seu pensamento", xa que as súas ideas "son tan actuais como incómodas para moitos".

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros