Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Cartaz da feira

Arzúa, a capital galega dos produtos naturais

Sociedade 21/09/2010
  Envía a túa opinión

Feiractiva é un espazo vivo. Produtos ecolóxicos, medicinas alternativas, solucións de comercio xusto para atallar as prácticas de consumo prexudiciais coa Terra… Así até perto de 50 propostas volveranse a dar cita en Arzúa para amosarse, para que o público as vexa, as identifique, as poida catar, adquirir e incorporar á súa vida diaria. A sétima edición da Feira ecolóxica de Galicia celebrarase o 2 e 3 de outubro.


Imaxe da 6ª edición da Feira Ecolóxica

A 7ª Feira Ecolóxica convertirá Arzúa nun mercado verde

Cultura 20/09/2010
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

A 7ª Feira Ecolóxica de Arzúa celebraráse os días 2 e 3 de outubro no Recinto Feiral da mesma localidade (rúa Padre Pardo s/n). Arzúa converterase de novo nun grande mercado verde onde se darán cita perto de medio cento de expositores/as de produtos ecolóxicos, mediciñas alternativas, colectivos sociais, postos de artesanía...


A mostra permanecerá no faro de Fisterra ata o 30 de setembro

O Camiño de Santiago baixo a ollada do fotógrafo Tomohiro Muda

Cultura 02/09/2010
  Envía a túa opinión

A exposición “Camiño de Santiago. Unha visión desde Oriente” de Tomohiro Muda, enmarcada na  da programación de Xacobeo 2010, chega hoxe a Fisterra, onde remata a súa itinerancia por algúns concellos galegos. A mostra cómponse dunha serie de imaxes que o fotógrafo xaponés fixo nas súas peregrinacións a Santiago e que reflicten o carácter vertebrador do Camiño. Desde o pasado mes de marzo, as imaxes de Muda puideron contemplarse en Palas de Rei, Ames, Redondela, Dumbría e Muxía, concellos polos que discorren algunhas das rutas xacobeas.


Samuel Juárez e José Álvarez na reunión con representantes de diversas cooperativas galegas

A Xunta quere por en marcha unha marca de calidade para a horta en Galicia

Sociedade 31/08/2010
  Envía a túa opinión

O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, reuniuse esta mañá nas dependencias de San Caetano con representantes das distintas cooperativas galegas pertencentes ao subsector da horta. Estiveron presentes, ademais do director xeral de Produción Agropecuaria, José Álvarez; membros da Cooperativa O Val, do concello coruñés de Narón; a Coop. Horta Atlántica, do concello de Culleredo; membros das cooperativas de Cambados, SAT Hortumia, Coop. Horsal e Grupo de Desenvolvemento Rural do Salnés; representantes da Cooperativa Melisanto, do concello de Melide; e membros de Hortamariña/SAT Labregos de Lugo e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA).


Guntín convídanos a degustar, de balde, o pemento de Mougán

Cultura 27/08/2010
  Envía a túa opinión

A Carballeira de Meixaboi de Guntín será un ano máis o escenario da Festa do Pemento de Mougán, que chega á súa novena edición mañá sábado. O evento comezará ás doce e media do mediodía coa actuación da Banda Municipal da vila e á unha e media a deputada autonómica Emma Álvarez Chao será a encargada de ler o pregón. A continuación os asistentes degustarán gratuitamente pementos de Mougán e os que o desexen poderán acompañalos cun xantar, ben traído da casa ou ben mercado no recinto da festa. A partir das cinco da tarde o gaiteiro de Freán, Perfecto Arias porá a música e comezará paralelamente un campionato de tute. A xornada rematará cunha verbena amenizada pola Orquestra Monumental e a partir da medianoite a Festa do Pemento de Mougán contará como actuación estelar con King África.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros