Envía a túa opinión
No número 34 da rúa San Francisco de Ferrol funcionaba unha farmacia. Agora dispensan outra clase de medicinas. Son menciñas para o espiritu, para a ialma, para o corazón, pero tamén para a diversión, para a xolda. Alí construie gaitas Antón Varela, un dos 15 artesáns que se adican a ese labor de xeito profisional en Galicia.
7 comentario/s - Envía a túa opinión
Un arancel para os barcos construídos noutros países que toquen porto. Con esa recadación, constituiríase un fondo de garantía para o sector naval. Esa é unha das propostas que presentou esta mañá en Ferrol o deputado do BNG, Henrique Viéitez.
Envía a túa opinión
Trátase da primeira base deseñada especificamente para o salvamento marítimo, afirmou esta mañá a directora xeral da Marina Mercante Isabel Durántez no transcurso da súa visita á instalación que se construie en Vilar do Colo en Fene. O secretario xeral de Transportes José Luis Cachafeiro salientou que se trata da maior base estratéxica de almacenamento e xestión de equipos das seis bases que Salvamento Marítimo dispon para facer fronte ás incidencias que se produzan na costa.
Envía a túa opinión
Navantia coloca ás 10 desta mañá a quilla do Adelaide, a segunda unidade da serie LHD que o estaleiro construie para Australia. Os buques de proxección estratéxica teñen unha lonxitude superior a dous campos de fútbol. Son similares ao Juan Carlos I. A montaxe final do Canberra e do Adelaide acometeráse en estaleiros de Oceanía.
Envía a túa opinión
Salvemos o aforro galego. Non a privatización da Caixa. Rezaba así a pancarta coa que se celebrou esta tarde unha concentración diante da sede de Novacaixagalicia na rúa Galiano de Ferrol, coa participación do voceiro nacional do BNG Guillerme Vázquez. Tamén asistiron os alcaldes de Mugardos e San Sadurniño. Accións similares en contra da bancarización da caixa, se levaron a cabo nas restantes cidades galegas.