Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

As xornadas enmárcanse no programa de educación vinculado ao Plan Xeral

Información e formación arredor da sustentabilidade

Sociedade 13/12/2010
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Ordes organiza dende a súa Concellería de Medio Ambiente, en colaboración coa Concellería de Urbanismo, por petición dos veciños, unha serie de xornadas informativas e formativas para a sustentabilidade vinculadas ó Plan Xeral de Ordenación Municipal. Unhas xornadas que están enmarcadas no programa de educación vinculado ao PXOM que xa se levara a cabo o mes pasado no Concello.


Desenvólvense clases de ximnasia, talleres de memoria, manualidades e teatro

Os nosos maiores permanecen activos

Sociedade 13/12/2010
  Envía a túa opinión

Preto dun cento de maiores ordenses están a participar dende comenzo do mes de novembro das actividades dirixidas á terceira idade que puxo en marcha o Concello de Ordes para este curso. 


A A6 á altura de Parga (Lugo) Foto: Eliseo Trigo

Cortada a autopista entre Santiago e A Coruña

Sociedade 03/12/2010
  Envía a túa opinión

As placas de xelo obrigaron a cortar esta mañá a AP 9 entre Santiago e A Coruña á altura de Ordes. En dirección á cidade herculina, os automóbiles turismos foron desviados pola N-550, pero en dirección Santiago a via rápida permanece cortada, con longas colas de vehículos.


Imaxe do curso impartido en Ordes

Orientación laboral para inmigrantes

Sociedade 02/12/2010
  Envía a túa opinión

Mulleres de Marrocos integran fundamentalmente os cursos para a poboación inmigrante que se viñeron impartindo en Ordes no pasado mes de novembro. Facilitouselles coñecementos en materia de español e tamén nocións de orientación laboral.


Acábase o sendeirismo

Sociedade 01/12/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Ordes, dende o programa de Voluntariado Verde finalizou a pasada fin de semana a última das camiñatas previstas para este outono polos distintos roteiros da vila, incluídas dentro desta programación. Os veciños que participaron tiveron a aportunidade, nesta ocasión, de percorrer o Roteiro do Río Mercurín. A ruta coa que se iniciara este programa o pasado sábado 6 de novembro transcurriu por outro dos roteiros existentes no municipio ordense, o Roteiro de San Paio e Outeiro. Os encargados de sinalizar e acondicionar o pasado verán as dúas rutas foron os voluntarios.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros