Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

Monólogos para romper o xeo

I Concurso de Monólogos

Sociedade 09/06/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de As Pontes organiza o I Concurso de Monólogos “Vila das Pontes” para o mes de Xullo. A iniciativa, que servirá para apoiar o sector da hostalería local, desenvolverase en diferentes locais de restauración da vila. O dia 15 de xullo será a final na que partidipen os catro finalistas. 1000 € están en xogo.


Un dos pisos fabricados en Galparquet

Os pisos marca fusión

Sociedade 19/05/2010
  Envía a túa opinión

Galparquet (especializados en fabricación de parquet), foi unha das empresas convidadas ás charlas organizadas pola Federación Española de Industrias da Madeira (FEIM), o pasado martes 18 de maio no Colexio de Economistas de Madrid. O acto estivo centrado no tema da Certificación da Cadea de Custodia, que é o seguimento da madeira desde a súa orixe até o destino final, de maneira que se garante ao usuario que provén de produción sustentable. A empresa radicada nas Pontes presentará en Nantes a súa liña de pisos Fusión.


A fraga de Pico Vello está incluída na proposta de ampliación da Rede Natura

Roteiro pola conservación da fraga do Pico Vello

Sociedade 11/05/2010
  Envía a túa opinión

Dezaseis organizacións ecoloxistas, entre as que se atopan Adega, Lapis Verdes, a Federación Ecoloxista Galega e a Sociedade Galega de Historia Natural, organizan para o vindeiro sábado unha marcha pola zona de Pico Vello, en Goente (As Pontes). A actividade ten como obxectivo dar a coñecer a importancia deste lugar de grande biodiversidade, cun altísimo valor natural e etnográfico, e protestar pola pretendida instalación dunha mina de andalucita. Os ecoloxistas denuncian que a explotación suporía a destrucción irreversible do lugar e afectaría gravemente ao Río Belelle e ao Parque Natural das Fragas do Eume.


Parte da formación actual de Muxarega

Muxarega: 15 anos, 8 soños

Sociedade 04/05/2010
  Envía a túa opinión

O grupo pontés Muxarega celebra o vindeiro sábado, 8 de maio, un concerto para conmemorar os seus quince anos sobre os escenarios. O recital, que terá lugar no auditorio municipal Alovi, dará comezo ás 20.00 horas e contará coa participación, non só dos compoñentes actuais da formación, senón tamén dos fundadores e antigos membros do grupo folk pontés.


David Bustamante

Boney M, Bustamante e Chenoa, a polémica nas Pontes

Sociedade 29/04/2010
  Envía a túa opinión

Arde a rede coas críticas en torno á programación das festas do Carme nas Pontes. Na páxina amigus.org abundan os comentarios de censura pola contratación de Bustamante e Chenoa para os festexos de xullo. Queixanse do elevado presuposto que se gastará o Concello nos triunfitos. Xa en Facebook xurdira un grupo reclamando a Boney M. A dia de hoxe contan con 765 membros e califican ao grupo como unha das iconas da música disco do século XX.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros