Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

A vila alaricana encherase de misterio

Allariz celebra o Samaín cunha festa celta

Sociedade 28/10/2010
  Envía a túa opinión

Meigas, magos, druídas e ánimas animarán as rúas do Casco Histórico de Allariz este domingo 31 de outubro co gallo do Samaín. O concello alaricano celebrará  esta data cunha actividade de animación pola noite. 


Imaxe corporativa do Festival de Xardíns

O éxito do Festival Internacional de Xardíns de Allariz leva a retrasar o seu peche

Sociedade 25/10/2010
  Envía a túa opinión

Ante a gran expectativa espertada polo evento alaricano, único no estado, o Concello de Allariz retrasará o peche da primeira edición do Festival Internacional de Xardíns ata o 14 de novembro, fin de semana da Feira do Outono de Allariz. Desde o pasado 8 de xullo, día da inauguración, pasaron polo festival arredor de 40 mil visitantes.


A escritora Pilar García Negro

Pilar García Negro recibe o XV premio Vicente Risco de Ciencias sociais

Cultura 22/10/2010
  Envía a túa opinión

O Salón de Plenos do Concello de Allariz acolle, mañá sábado, a entrega do XV Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais á escritora e catedrática de Literatura María Pilar García Negro polo traballo sobre Rosalía de Castro O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e fiminismo. Este galardón é unha iniciativa da Fundación Sotelo Blanco á que se adheriu a Fundación Vicente Risco e que conta coa colaboración do Concello de Allariz e o Concello de Castro Caldelas.


Proceso de escasulla

A Festa do Millo en Allariz mantén viva na memoria o cultivo deste cereal

Sociedade 15/10/2010
  Envía a túa opinión

Despois da celebración das Festas da Moenda e da Sega en Allariz mañá tócalle a quenda á última das festas etnográficas do ano neste concello: A Festa do Millo. A cita é en Torres de Seoane, un pobo alaricano a partir das cinco da tarde.


Cartaz da feira

Termatalia ensalza o valor preventivo da auga

Sociedade 13/10/2010
  Envía a túa opinión

A X edición de Termatalia, a Feira Internacional do Turismo Termal, Termalismo, Talasoterapia e Spa, reunirá en Expourense ao turismo de saúde e á industria termal de 27 países coa presenza de 30 touroperadores entre este venres 15 e o domingo 17 de outubro. O certame volve a converterse no centro de negocios internacional do sector que terá como país convidado a México e a presenza de expositores procedentes de 27 países de catro continentes como Arxentina, Brasil, Chile, China, Colombia, Francia, Italia, Letonia, Lituania, México, Marrocos ou Perú entroutros.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros