Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Guntín convídanos a degustar, de balde, o pemento de Mougán

Cultura 27/08/2010
  Envía a túa opinión

A Carballeira de Meixaboi de Guntín será un ano máis o escenario da Festa do Pemento de Mougán, que chega á súa novena edición mañá sábado. O evento comezará ás doce e media do mediodía coa actuación da Banda Municipal da vila e á unha e media a deputada autonómica Emma Álvarez Chao será a encargada de ler o pregón. A continuación os asistentes degustarán gratuitamente pementos de Mougán e os que o desexen poderán acompañalos cun xantar, ben traído da casa ou ben mercado no recinto da festa. A partir das cinco da tarde o gaiteiro de Freán, Perfecto Arias porá a música e comezará paralelamente un campionato de tute. A xornada rematará cunha verbena amenizada pola Orquestra Monumental e a partir da medianoite a Festa do Pemento de Mougán contará como actuación estelar con King África.


Melide rende homenaxe ao traxe e á música tradicional

Cultura 24/08/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Melide celebra esta fin de semana a III Mostra do Traxe Galego e da Música Tradicional. Un evento que, segundo comentou en Radiofusión a concelleira de Cultura, Conchi Castro, “homenaxea os nosos sons, o noso xeito de vestir, elementos que forman parte do noso patrimonio, nunha terra de gaiteiros e moita tradición”. A Praza do Convento será o escenario desta cita na que haberá oco para actuacións musicais, obradoiros, exposicións, artesanía e un desile de traxes tradicionais.

 


Os tres primeiros clasificados, Manuel Taboada, Manuel Mato e Antonio Rúa

54 tiradores participaron no IV Campionato de Tirapedras da Galiza Central de Melide

Deportes 20/08/2010
  Envía a túa opinión

De notable éxito pode cualificarse o IV Campionato de Tirapedras da Galiza Central celebrado en Melide onte e que supuxo o punto de inicio da IV Festa dos Xogos Tradicionais da Terra de Melide. Os eventos están organizados pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, co apoio do Concello de Melide e da Sociedade de Pesca Deportiva Ponte Mazaira. Entre os participantes atopábanse tanto melidaos e melidás residentes, como outras persoas que se encontran pasando as súas vacacións na comarca, e mesmo visitantes circunstanciais e persoas chegadas expresamente para participar nos eventos.


Campeonato de tirapedras do 2009

Xa non hai sitios para xogar ás bolas, segundo Manuel Rodriguez

Cultura 18/08/2010
  Envía a túa opinión

"Xa non hai espazos adecuados para os xogos tradicionais porque as bolas (canicas) non corren ben no cemento" afirma Manuel Rodriguez Charrancas, un dos organizadores da IV Festa dos Xogos Tradicionais que este xoves e venres se celebra en Melide (A Coruña). Celebran o Campeonato de Tirapedras (tirachinas) contando coa participación de xente que procede de Cataluña ou do Pais Vasco.


Entre as actividades destaca o IV Campionato de Tirapedras da Galiza Central

O casco histórico de Melide converterase nun gran campo de xogo

Deportes 17/08/2010
  Envía a túa opinión

Por cuarto ano consecutivo, o casco histórico da vila de Melide será o escenario da IV Festa dos Xogos tradicionais. O vindeiro venres, 20 de agosto, de 12 do mediodía a dúas e media da tarde todas as prazas da vila  de Melide converteranse en espazos de xogo, recuperando a súa tradicional función como lugares onde desde sempre se xogou. Na Praza do Convento poderase correr coas carrilanas, na Praza das Coles tirarase á chave, na Praza do Pozo Pequeno practicarase o Tiro á lata (xogo este xenuíno da Terra de Melide), e así ata un total de sete recunchos de xogos tradicionais.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros