Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Mariano Rajoy

Os funcionarios non cobrarán a paga de Nadal e o IVA sobe ao 21%

Institucional 11/07/2012
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Os funcionarios e empregados públicos non cobrarán a paga extra de Nadal, e o tipo xeral do IVA subirá do 18 ao 21% segundo anunciou esta mañá o presidente do Goberno Mariano Rajoy no Congreso dos Deputados. O titular do executivo indicou que se revisará o baremo e as prestacións da Lei de Dependencia. En declaracións a Radiofusión, o economista de CCOO-Galicia, Manuel Lago, afirmou que as medidas do Executivo "nos colocan nunha década perdida" e supoñen "un electroshock da economía". Critica que a suba do IVE "non incrementará a recadación" e que o Estado continuará coa "recesión" por causa duns recortes que supoñen "un ataque aos traballadores que afecta a todos os cidadáns do país".


Proxecto Cárcere celebra un acto lúdico-informativo no Campo de Marte

Propostas para un cárcere que simbolice a liberdade cidadá

Sociedade 28/06/2012
  Envía a túa opinión

A Plataforma Proxecto Cárcere, que demanda a recuperación do antigo cárcere da Torre como centro sociocultural e da memoria, presenta á cidadanía o Plan de Viabilidade  realizado a partir das propostas de uso e rehabilitación do edificio provintes de persoas e colectivos da cidade da Coruña e a súa contorna. O acto de presentación terá lugar ás 20h no ximnasio do Colexio Curros Enriquez acompañado dunha actividade lúdica-festiva no Campo de Marte que durará desde as 19h ata a media noite e durante a que haberá actuacións musicais como as do grupo Escuchando Elefantes e o fadista Gonçalo Guerreiro, beliscos ofrecidos pola cooperativa Zocamiñoca, xogos malabares, proxeccións e exposicións participativas mostrando os diferentes momentos da actividade da Plataforma.


O festival itinerante Salsa y Latin Jazz arrinca en Galicia

Rubén Blades actuará na Coruña

Sociedade 24/06/2012
  Envía a túa opinión

O cantante panameño Rubén Blades, o pianista estadounidense Eddie Palmieri e o grupo de salsa latino afincado en Barcelona La Sucursal S.A. actúan na Coruña no marco do Salsa y Latin Jazz Festival. Este evento itinerante fai parada este venres día 29 no pavillón de Expocoruña. As entradas anticipadas custan 35 euros, mentres que no despacho de billetes ascenden a 40.


Este xoves preséntase a Asemblea Nacionalista de Culleredo

Beiras pide un movemento sen cancelas

Sociedade 20/06/2012
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

"Non temos garantias da duración do goberno de Rajoy máis alá dun ano" afirmou esta mañá en roda de prensa o dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras. O histórico lider fixo un chamamento á cidadanía, á "masa crítica da esquerda" para participar na configuración dun movemento "que aglutine á pluralidade cidadá e fuxa das direccións clásicas dos partidos". Beiras tamén se dirixiu en tono conciliador a Compromiso por Galicia, indicando que se debe escapar da fragmentación.


Francisco Jorquera en Santiago

Demandan que a Igrexa pague o IBI dos edificios con fins lucrativos

Sociedade 17/06/2012
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O candidato do BNG á Presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, presentou unha iniciativa rexistrada no Congresos dos Deputados para rematar cos privilexios fiscais das confesións relixiosas, nomeadamente a Igrexa Católica. Neste sentido, Jorquera subliñou que “a superación da crise económica pasa tamén por acabar cos privilexios fiscais, que xunto co enorme volume de fraude fiscal e o inxusto reparto dos impostos, que recaen sobre todo nas clases media e baixa, levaron a unha crise fiscal no Estado español”. Como un primeiro paso para acabar cos privilexios fiscais, o candidato do BNG defendeu “rematar cos privilexios fiscais das confesións relixiosas, unha situación que leva a que só nunha cidade como Santiago a exención do IBI ás confesións relixiosas significa que o Concello de Santiago deixa de ingresar ao ano 200.000 euros en impostos”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros