6 comentario/s - Envía a túa opinión
No teatro Xofre de Ferrol soarán o domingo as cancions do grupo Mamá Cabra. Interpretan música destinada ao público infantil. Fórmanno sete músicos, batería, percusión tradicional, frautas e gaita, baixo eléctrico, acordeón, guitarra eléctrica e voz. Utilizan poemas de Gloria Sánchez, Ana María Fernández, Concha Blanco ou Antonio García Teijeiro, ainda que tamén teñen cancións propias ou temas que adaptan do noso folcrore. Teñen 6 traballos publicados.

Envía a túa opinión
O Teatro Jofre acollerá este mércores ás 20.30 horas un novo concerto de música clásica promovido pola Sociedad Filarmónica Ferrolana en colaboración co Concello de Ferrol. Será ofrecido pola agrupación Harmonie XXI, que interpretará obras de Mozart e Beethoven. As entradas están xa á venda no teatro.
Envía a túa opinión
O Mercado da Magdalena acollerá este mércores unha exposición informativa sobre o funcionamento das antenas de telefonía móbil e os seus requisitos legais, así como o uso responsable do móbil. A mostra, que desde o 17 de xaneiro e ata o 19de marzo está a percorrer diferentes cidades e pobos de Galicia, está organizada pola Confederación de Consumidores e Usuarias (CECU) e a súa asociación en Galicia, ACUL (Asociación de Consumidores e Usuarios da Provincia de Lugo), en colaboración co Concello de Ferrol.
Envía a túa opinión
"A historia que vos queremos contar aconteceu nun deses lugares moi pequenos,...". Comeza dese xeito Bicharada, o espectáculo de Berrobambán que relata con humor intelixente a reivindicación da diferencia. Un escaravello, unha formiga e unha araña xogan nun decorado moi plástico, cunha linguaxe dramática contemporánea, e unha escenografia e iluminación moi traballadas. Evaristo Calvo dirixiu a obra, interpretada por Anabell Gago, Chiqui Pereira e Paula Carballeira.
Envía a túa opinión
Os tres xoves detidos acusados de cometer roubos en domicilios na zona de Ferrol pasaron a disposición xudicial esta mañá, segundo informa a Comisaría de Policia. Trátase de I.C.F, D.A.B.C e D.T.R., xa arrestados no pasado outono cando residian nunha vivenda no Couto. Daquela se lles atribuia roubos con violencia en domicilios de Ares, San Sadurniño e Ferrol. As probas policiais agora apuntan á súa participación nun completo ronsel de delitos.