Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Imaxe do curso impartido en Ordes

Orientación laboral para inmigrantes

Sociedade 02/12/2010
  Envía a túa opinión

Mulleres de Marrocos integran fundamentalmente os cursos para a poboación inmigrante que se viñeron impartindo en Ordes no pasado mes de novembro. Facilitouselles coñecementos en materia de español e tamén nocións de orientación laboral.


Acábase o sendeirismo

Sociedade 01/12/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Ordes, dende o programa de Voluntariado Verde finalizou a pasada fin de semana a última das camiñatas previstas para este outono polos distintos roteiros da vila, incluídas dentro desta programación. Os veciños que participaron tiveron a aportunidade, nesta ocasión, de percorrer o Roteiro do Río Mercurín. A ruta coa que se iniciara este programa o pasado sábado 6 de novembro transcurriu por outro dos roteiros existentes no municipio ordense, o Roteiro de San Paio e Outeiro. Os encargados de sinalizar e acondicionar o pasado verán as dúas rutas foron os voluntarios.


Novas instalacións da biblioteca de Ordes

A festa dos libros

Cultura 29/11/2010
  Envía a túa opinión

A festa dos libros. Cada dia que se abre unha librería ou unha biblioteca é un dia de festa. En Ordes a biblioteca municipal estreou esta mañá novas instalacións, coa mesma felicidade coa que un neno estrea zapatos.


A campaña pretende previr desde a escola os trastornos de conduta alimentaria

Comendo ben, medrando ben

Sociedade 26/11/2010
  Envía a túa opinión

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes vén de poñer en marcha unha nova edición da súa campaña preventiva sobre alimentación saudable, denominada “Comendo ben”. Uns obradoiros nos que participan escolares de 5º e 6º de Primaria dos sete municipios da comarca de Ordes (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo) e que pretenden servir como unha ferramenta de prevención dende a escola fronte aos trastornos da conduta alimentaria.


Imaxe dos alumnos ás portas do concello

Os escolares adéntranse na vida consistorial

Sociedade 25/11/2010
  Envía a túa opinión

O alcalde de Ordes, Manuel Regos Boquete, recibiu na Casa do Concello a un grupo de escolares do CEIP Campomaior. En total realizaron a súa visita ao Consistorio 32 nenos e nenas de 5 anos deste centro escolar ordense, acompañados polas súas profesoras. O obxectivo desta visita foi que os rapaces coñeceran de primeira man o funcionamento do Concello.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros