Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Chega San Froilán, a gran verbena galega

Sociedade 02/10/2010
  Envía a túa opinión

Unha cata comentada e a actuación ás oito da tarde na praza de Santa María de Kike Ganso, Kimuru e Josele Santiago. E o programa desta xornada de sábado para unhas festas de San Froilán que comezarán de xeito oficial o vindeiro luns dia 4 de outubro.


O estourido do artefacto escoitouse nunha ampla zona de Lugo

Un artefacto caseiro estoupa nunha oficina de emprego de Lugo

Institucional 27/09/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Unha bomba fixo explosión ás 3,50 desta madrugada nunha oficina de colocación situada no número 13 da rúa Río Cabe da cidade de Lugo. O artefacto estaba composto por unha bombona de cámping gas e un dispositivo incendiario. Provocou danos materiais de escasa entidade, un pequeno incendio e rotura de cristais.


O empresario lácteo Jesús Lence

Os sindicatos estreitan o cerco sobre Lence, ao que acusan de trato vexatorio en Leyma

Sociedade 26/09/2010
  Envía a túa opinión

UGT denuncia un trato “vexatorio” de Jesús Lence, o propietario de Lácteos Lence aos traballadores de Leyma. A Federación Agroalimentaria do sindicato alerta da proliferación de accidentes polo aumento de carga de traballo e o estrés co que se traballa na fábrica. Isto podería ser consecuencia, segundo os uxetistas, dunha redución da nómina de traballadores do 20 por cento no último ano e a sucesión de despedimentos dende que o dono de Leite Río se fixera coa fábrica de Leyma en Arteixo hai cinco anos.


O Concello de Lugo expropiará a libraría máis antiga de Galicia

Sociedade 23/09/2010
  Envía a túa opinión

A libraría Balmes, considerada máis antiga de Galicia, está a piques de pechar as súas portas. Desde 1887 existe un negocio dedicado aos libros na parte posterior da Casa do Concello de Lugo, na Praza de Ángel Fernández Gómez, pero este establecemento ten os seus días contados, xa que o Goberno local quere expropialo para ampliar as instalacións municipais e habilitar un centro de novas tecnoloxías.


Juan Pérez Orozco na mobilización de hoxe diante de Lactalis

As organizacións agrogandeiras piden o boicot para Lactalis, Leite Río e Leche Celta nunha mobilización hoxe en Vilalba

Sociedade 08/09/2010
  Envía a túa opinión

Uns 300 gandeiros chairegos bloquearon a entrada principal da Industria Láctea Lactalis en Vilalba como xeito de protestar pola actual situación de control dos prezos por parte de tres industrias en Galicia, a citada Lactalis, Leite Río e Leche Celta. Esta é a primeira das mobilizacións promovidas polas tres centrais sindicais galegas, o Sindicato Labrego Galego (SLG), Xóvenes Agricultores (XX.AA.) e Unións Agrarias (UU.AA.) nesta semana e que continuarán mañá na sede de Leite Río no Polígono de O Ceao en Lugo. O peche en torno á planta vilalbesa continuará durante todo o día e a noite de hoxe, 8 de setembro.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros