Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

Prohibido

As Pontes asina un Protocolo contra a violencia machista

Sociedade 28/04/2010
  Envía a túa opinión

As Pontes asina o próximo venres dia 30 de abril o Protocolo de Actuación en casos de Violencia de Xénero e/ou Agresións Sexuais. O acto, presidido polo alcalde, contará coa presencia de todos os estamentos que entran en contacto coas víctimas.


Eva Santín, gañadora do III Premio Jesús Núñez

Gravados de Eva Santín, Candiani e Lavera nas Pontes

Sociedade 27/04/2010
  Envía a túa opinión

O Mercado Vello de As Pontes acolle mañá mércores, 28 de abril, ás 13.00 horas, a inauguración da exposición correspondente á III edición do Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez. A mostra, integrada por un total de trinta obras de diferentes técnicas gráficas, seleccionadas por un prestixioso xurado entre as 219 presentadas ao certame, será inaugurada pola deputada provincial Montserrat García Chavarría e polo comisario do certame, Pedro Galilea.


O lago artificial das Pontes

Premio de 700 euros para a mellor imaxe das Pontes

Sociedade 18/04/2010
  Envía a túa opinión

As Pontes. Naturalmente. Ese é o lema do concurso de fotografia convocado polo Concello de As Pontes. Búscase recoller as instantáneas coa riqueza natural, patrimonial e medioambiental da localidade. Haberá premios de 700 e de 300 euros para a primeira e a segunda fotografia na categoría de adultos.


Juan Ramón Vidal Romaní

O perigo da lagoa artificial das Pontes

Sociedade 16/04/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Sobre “os perigos da lagoa artificial das Pontes” falou no IES de Fene o catedrático de Xeoloxía, Juan Ramón Vidal Romaní. O investigador e estudoso de temas como as louseiras do Caurel  ou o furado de Serrabal, así como de numerosos traballos en revistas especializadas, non entende como non se escoitan as advertencias dos expertos á hora de emprender proxectos como o das Pontes para recompoñer a zona ocupada polas minas.


Mercedes Castro: “Sexo? Por que non? presenta unha personaxe con vergoña nunha obra sen pudor”

Cultura 15/04/2010
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

A compañía Eme2 estrea ás nove da noite de mañá venres no Cine Alovi de As Pontes o espectáculo Sexo? Por que non? A única protagonista da montaxe é a actriz Mercedes Castro quen asegurou en Radiofusión que se trata dunha peza que aborda “o sexo con naturalidade e desde un punto de vista cómico”. Mercedes fala dun texto moi actual, xa que “o medo e a vergoña seguen moi presentes na nosa sociedade católica”. Á marxe do espectáculo, a actriz pontesa será unha das protagonista esta noite da gala de entrega dos Premios Mestre Mateo. Castro está nomeada na categoría de mellor intérprete feminina protagonista polo seu papel de Amelia en Padre Casares. Competirá con Nerea Barros (Rafael), Luisa Merelas (Matalobos) e María Vázquez (O Club da Calceta). Mercedes asegura que se sente moi valorada polo nomeamento, aínda que non se ve gañadora. Afirma que vai ir coa mente de “apoiar o audiovisual galego”.


1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros