Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

O lume, convértese no episodio máis tráxico dos incendios en Galicia neste verán

Controlado o incendio de Laza tras calcinar unhas 1.700 hectáreas

Sociedade 02/09/2010
  Envía a túa opinión

Ás nove desta mañá deuse por controlado o incendio forestal na Serra de Camba no concello ourensán de Laza. Nunha primeira valoración, estímase que a superficie calcinada se eleva ás 1.700 hectáreas, o lume máis grave rexistrado en Galicia no que vai de verán.  Aos medios humanos e materiais despregados sumáronse ás labores de extinción, 150 efectivos da Unidade Militar de Urxencias do Exército (UME), con base en León e Torrexón. Desde que se declarara o incendio, o pasado domingo, medios aéreos e terrestres traballaron arreo na  úa extinción. Unha tarefa nada doada polas dificultades orográficas coas que se atopan.


Logotipo do festival

Cea móvese ao ritmo das orquestras

Sociedade 01/09/2010
  Envía a túa opinión

A localidade ourensá de San Cristovo de Cea transformarase esta fin de semana nun gran escenario para acoller a celebración do primeiro Festival Internacional de Orquestras de Galicia (FIOU), organizado por Xacobeo 2010 en colaboración co Concello de Cea e a Deputación de Ourense. Once orquestras de todo o mundo e varios DJs farán soar a música desde o mediodía ata o amencer nun pioneiro festival que combina o espírito das festas populares co formato dos grandes macroeventos musicais contemporáneos.


Incendio de Laza

Continúan os labores de extinción do incendio no concello de Laza

Sociedade 01/09/2010
  Envía a túa opinión

O incendio desatado na parroquia de Camba, no concello de Laza, o pasado domingo, 29 de agosto, xa está controlado e se agarda a súa extinción a última hora desta tarde. Trátase do maior incendio rexistrado en Galicia no que vai de verán. Estímase que a superficie calcinada supera as mil hectáreas. A boa nova é que o lume non afectará á Serra do Invernadoiro.


Feira do Doce de Allariz

Repostería artesanal e de calidade

Sociedade 01/09/2010
  Envía a túa opinión

Xa van quince anos. A promoción da repostería artesanal e de calidade conta cunha cita esta fin de semana en Allariz. Alí celébrase a Feira do Doce, Amendoado e Melindre e queren concentrar especialistas nesta parte esencial da gastronomía. Ademáis de produtos de toda Galicia, tamén se ofrecerán mantecadas de Astorga, sobaos pasiegos e quesada de Cantabria.


Los Suaves botarán o resto para acadar o mellor disco en directo

Éxito garantido do concerto de Los Suaves en Expourense

Sociedade 01/09/2010
  Envía a túa opinión

O concerto de Los Suaves o vindeiro 18 de setembro en Expourense non é unha cita máis para os ourensáns. Cando faltan algo mais de dúas semanas para a celebración do evento,  xa se converteu nun éxito con máis de 6 mil  entradas vendidas e previsións de completar o aforo. Das entrada de 10 euros só quedan por vender mil. Unha vez esgotadas poranse á venda outras 2 mil a 15 euros. Os puntos de venda son os seguintes: Musikaze, Ticketmaster, Santo Grial produccións en Oviedo. En Ourense: Peggy records, La Región e centro comercial Bermello.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros