Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Pachi Vázquez

Pachi Vázquez: “O que eu faga é irrelevante”

Sociedade 29/04/2013
  Envía a túa opinión

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, erixiu a Galicia en "clave" para que se levase adiante a elección do líder no PSOE mediante un proceso de primarias, pero evitou concretar se el mesmo optará á reelección á fronte dos socialistas galegos. Así, supeditou o seu futuro a "traballar para cambiar este país, como miles de galegos do Partido Socialista". "O que eu faga é irrelevante", afirmou Pachi Vázquez antes de participar en Poio (Pontevedra) na clausura do XIV Congreso das Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG).


Vista parcial da exposición

Máis de 2.500 persoas visitaron a Fundación Laxeiro.

Sociedade 22/04/2013
  Envía a túa opinión

A exposición entra na súa última semana, e o vindeiro domingo, 28 de abril será o último día para visitala. Cun elenco de quince artistas que desenvolven o seu traballo en Galicia, Mesa de traballo. Ensamblaxe e colaxe en Galicia fixo un percorrido polos procesos da ensamblaxe e o colaxe nos últimos quince anos en Galicia. A exposición foi visitada por un total de 2.523 persoas e contou con diversas visitas guiadas, das que esta semana, aínda se celebrarán dúas: a primeira, o mércores, 24 de abril, ás 18.30h e a segunda, o xoves, 25 de abril á mesma hora. O proxecto, incluído dentro do ciclo titulado Panorama, conta co financiamento do concello de Vigo e a Fundación Laxeiro.


Instalacións de Pescanova

Demandan rapidez no concurso de Pescanova

Sociedade 21/04/2013
  Envía a túa opinión

Os traballadores de Pescanova convocarán unha manifestación, para a que aínda non se concretou data, co fin de reclamar o mantemento dos postos de traballo no grupo, que consideran "viable", á vez que piden celeridade no proceso concursal para que se despexen as dúbidas sobre o seu futuro.


Valentín Paz Andrade en Samil en 1985

Pescanova quere manterse a flote

Sociedade 16/04/2013
  Envía a túa opinión

Pescanova presentou este luns ante o Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra a solicitude de concurso voluntario de acredores, en cumprimento do acordo adoptado polo consello de administración da compañía o pasado 4 de abril, segundo informou a empresa galega nun comunicado. A compañía asegura que "ten a firme vontade de presentar no curso do procedemento unha proposta de convenio aos seus acredores que posibilite o mantemento da actividade e, xa que logo, o emprego e a xeración de valor".


Alberto Núñez Feijóo

Os titulares do tenso debate

Sociedade 11/04/2013
  Envía a túa opinión

"Feijóo refúxiase no ataque á oposición para exculparse das fotos co narco". "Goberno do PP e do bipartito deron axudas a empresas de Dorado". Feijóo: Qué fixen eu de ilegal?. Feijóo sementa novas dúbidas sobre a relación de Dorado coa Xunta. Novo exame para Feijóo. Son os titulares que hoxe nos ofrecen Praza, La Voz de Galicia, Galicia Confidencial, El Pais e Sermos Galiza arredor do tenso debate no Parlamento galego sobre o caso das fotos do presidente da Xunta co narcotraficante Marcial Dorado.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros