Trece anos cúmprense hoxe do pasamento de Ramón Sampedro, pero a memoria do que foi o primeiro español en pedir a eutanasia activa segue viva. Demóstrano así o Concello de Porto do Son e a Asociación Dereito a Morrer Dignamente que organizan unha serie de actos de tributo á súa figura. Entre eles, destaca a inauguración este domingo dun busto na Praia das Furnas, lugar onde Sampedro se quedou tetrapléxico aos 25 anos de idade.
O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, recollerá este xoves, día 13, ás 12.00 horas na sede do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, en Madrid, o distintivo “Ciudad de la Ciencia y la Innovación” outorgado ao Concello de Boiro polo Ministerio de Ciencia e Innovación. O acto estará presidido polos Príncipes de Asturias e contará coa asistencia do Vicepresidente Terceiro e Ministro de Política Territorial e Administración Pública, Manuel Chaves, e da Ministra de Ciencia e Innovación, Cristinta Garmendia Mendizábal. O Alcalde de Boiro realizará unha intervención en nome dos concellos de menos de 20.000 habitantes que resultaron premiados.
"Que non sexan actos litúrxicos, dun recoñecemento valeiro, senón reivindicar o seu tempo, contextualizar o seu pensamento, as razóns que o levaron ao exilio e as circunstancias que rodearon a traída dos seus restos" afirma o representante do local social Aturuxo de Boiro, Xurxo Paz, diante do cabodano da morte de Castelao. Os actos conmemorativos celebraránse este venres 7 de xaneiro en Rianxo e Boiro.
A Consellería do Mar pretende, unha vez máis, dar un impulso ás empresas que invistan en transformación e comercialización en Galicia con axudas por importe de 30 millóns de euros en total para o sector transformador e comercializador. O departamento que dirixe Rosa Quintana persegue, a través da orde que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia, potenciar a competitividade no sector procesador galego, promovendo así o desenvolvemento económico, social e produtivo da nosa comunidade. En pleno contexto de crise, a Xunta fixo un esforzo para adiantar a publicación da convocatoria no mes de decembro, co obxectivo de axilizar as resolucións e que as empresas poidan dispór das axudas o antes posible.
Diante das declaracións e discurso do presidente de Jealsa-Rianxeira durante a festa cos traballadores das súas empresas así como a publicación do mesmo en varios medios escritos, donde pola sua parte se verten diversas acusacións e descalificacións os membros do goberno municipal de Boiro, con relación o trato recibido cara as súas empresas, a agrupación socialista de Boiro sae ao fío desta polémica con certas puntualizacións.