Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 25 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Ruxe-Ruxe e A Roda no VI Festival Folk Antas

Cultura 12/08/2010
  Envía a túa opinión

A Praza do Concello de Antas de Ulla acollerá mañá venres, 13 de agosto, a celebración da sexta edición do Festival Folk Antas. O evento comezará ás dez e media co grupo de música tradicional galega A Roda, para dar paso despois ao punk-rock da banda de Aríns, Ruxe-Ruxe, que presentará o seu novo disco, Na fura de diante. A entrada é de balde.


 


Xaquín García Couso

Radio Arzúa inaugura novas instalacións

Sociedade 28/07/2010
  Envía a túa opinión

A emisora municipal Radio Arzúa inaugura esta tarde as súas novas instalacións ubicadas na rúa Padre Pardo, 33 - 1º. Trátase do mesmo local que viña ocupando este medio de comunicación, pero despois de acometer unha profunda reforma e ampliación. Os novos estudios e oficinas permitirán reforzar a comunicación de proximidade que realiza a emisora dirixida por Armando Cascón dende a súa criación, hai 15 anos.


O tradicional castelo do San Xoán de Santa María ardendo

Arzúa reviviu a noite máis curta e máxica do ano co resplandor de 162 cacharelas

Sociedade 24/06/2010
  Envía a túa opinión

A pasada noite arderon en Arzúa 162 cacharelas, que congregaron a centos de veciños e veciñas en diversos puntos do municipio, tanto do núcleo urbano como da zona rural, na máxica noite de San Xoán. Ningunha parroquia de Arzúa foi allea a esta celebración que popularmente representa o comezo do verán. A totalidade das fogueiras, que se rexistraron no Concello, foron revisadas pola agrupación de Protección de Civil, que se mantivo operativa durante toda esta noite para vixiar que non se producise ningún incidente.


Miguel Indurain co alcalde de Arzúa Xaquín García Couso

Indurain remata o Camiño de Santiago

Sociedade 24/06/2010
  Envía a túa opinión

O cinco veces ganador do Tour de Francia, Miguel Indurain, culminou este mediodia o Camiño de Santiago en bicicleta. O ciclista encabezaba un pelotón dunhas 50 persoas, entre directivos e empregados da firma AC Hoteles. Destacou a dureza do último tramo, ainda que amosou a súa disposición a repetir a realización do Camiño, ainda que para facelo como peregríns de a pé.


Arzúa investirá máis de 40.000 euros na creación dun parque biosaudable

Institucional 22/06/2010
  Envía a túa opinión

O Goberno Municipal de Arzúa creará nas vindeiras datas un parque biosaudable no entorno da feira por importe de 41.824,39 euros coa finalidade de que os veciños do municipio, especialmente a xente maior, dispoña dun espazo de ocio que poderán aproveitar para manterse en forma. O goberno arzuán presentara hai meses o correspondente proxecto ao abeiro da convocatoria de subvencións promovida pola Deputación Provincial para actividades de promoción económica; o ente provincial vén de conceder unha axuda para esta finalidade por importe de 29.883,53 euros, que se destinarán a acometer as obras necesarias no espazo no que posteriormente serán instalados os equipos biosaudables. O importe restante, preciso para acometer a totalidade do proxecto será financiado con fondos procedentes das arcas municipais, que aportarán un total de 11.940,86 euros.


1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros