Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 19 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Francisco Jorquera en Santiago

Demandan que a Igrexa pague o IBI dos edificios con fins lucrativos

Sociedade 17/06/2012
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O candidato do BNG á Presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, presentou unha iniciativa rexistrada no Congresos dos Deputados para rematar cos privilexios fiscais das confesións relixiosas, nomeadamente a Igrexa Católica. Neste sentido, Jorquera subliñou que “a superación da crise económica pasa tamén por acabar cos privilexios fiscais, que xunto co enorme volume de fraude fiscal e o inxusto reparto dos impostos, que recaen sobre todo nas clases media e baixa, levaron a unha crise fiscal no Estado español”. Como un primeiro paso para acabar cos privilexios fiscais, o candidato do BNG defendeu “rematar cos privilexios fiscais das confesións relixiosas, unha situación que leva a que só nunha cidade como Santiago a exención do IBI ás confesións relixiosas significa que o Concello de Santiago deixa de ingresar ao ano 200.000 euros en impostos”.


Nova imaxe do teatro coruñés.

Reabre o Teatro Colón de A Coruña

Sociedade 29/05/2012
  Envía a túa opinión

O presidente da Deputación asinou esta mañá o contrato coa UTE que xestionará o teatro durante o próximos cinco anos. Afirmou Diego Calvo que a reapertura do Colón pecha unha semana de grandes noticias para A Coruña.  
A programación comezará o día 15 coa obra de teatro "El tipo de la tumba de al lado", dirixida por Josep María Pou e protagonizada por Maribel Verdú e Antonio Molero. Mario Vega, que será o responsable de programación do recinto cultural, explicou que os obxectivos pasan por conseguir "estabilidade na programación, solidez na xestión e fortaleza na comunicación e a difusión" Entre as actividades previstas para este ano destacan visitas guiadas para escolares, espectáculos infantís, un ciclo de jazz, os programas "Noites galegas" ou as actuacións de Carlos Branco, Milladoiro e Rober Bodegas.


O Huesca adiantouse no marcador

Mira como veño,...

Deportes 27/05/2012
  Envía a túa opinión

"Eche un cantar miudiño" cantaron ao unísono 34.000 voces no estadio de Riazor na Coruña. Celebraban así o retorno do Deportivo á Primeira División do fútbol. O conxunto herculino logrou a volta á máxima categoría tras vencer 2-1 nun sofrido partido ao Huesca.


O Grupo Instrumental S.XX actúa o domingo no marco do ciclo “Galicia Classics”

Betanzos rende tributo ao compositor Carlos López García-Picos

Cultura 26/05/2012
  Envía a túa opinión

Cun concerto a cargo do Grupo Instrumental S.XX dirixido por Florian Vlashi, Betanzos homenaxea este domingo ao compositor Carlos López García-Picos. Trátase da segunda cita do Galicia Classics, para cuxa posta en marcha colaboran a Asociación Galega de Compositores e a Consellería de Cultura. O tributo consistirá na primeira interpretación pública de obras dalgúns dos máis sinalados autores que desenvolven a súa actividade hoxe en día en Galicia, tales como Paulino Pereiro, Margarita Soto, Manuel Alejandre ou Juan Durán, entre outros. Preténdese deste xeito establecer un diálogo co autor betanceiro, falecido en 2009, que este ano tería celebrado o seu 90 aniversario.


Sés e Paula Carballeira en Carballo

Comendo da cultura

Cultura 20/05/2012
  Envía a túa opinión

"Somos moitos os que comemos da cultura e do galego" afirmou a actriz Paula Carballeira. Por iso, reclamou o mantenemento do gasto neses capítulos. María Xosé Silvar "Sés" actuou no Festival "Vitaminas para o galego", organizado polo Concello de Carballo o pasado 16 de maio, nun ateigado Pazo da Cultura.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros