Envía a túa opinión
Desde a concellería de Medio Ambiente de Narón estase a desenvolver unha estratexia de relanzamento do Parque Temático Integral de Desenvolvemento Rural Aldea Nova-Río Xuvia baseado en varios puntos como a integración nun mesmo instrumento de xestión dos dous grandes equipamentos medioambientais de Narón: Aldea Nova e a Área natural e recreativa do río Xuvia (Cámping do Chao, Muíño de Entrerríos e vella unitaria de Cerdeiras).
Envía a túa opinión
A canalización do Río Cádavo na zona baixa de Perlío, a iluminación e recollida de augas pluviais no Camiño da Matadora, ou os labores de mantemento do barrio de San Valentín, son as principais demandas que achegaron as asociacións de veciños ao BNG na reunión mantida onte. O candidato, Juventino Trigo, e todo o grupo nacionalista de Fene comparte totalmente con estes colectivos a súa preocupación.
Envía a túa opinión
A pasada fin de semana tivo lugar un acontecemento musical internacional con intervención galega e fenesa. Daniel Bellón e Diego Maceiras tocaron no Festival folk de Cosquín, na Arxentina, acompañados de Dulce Pontes e Juan Carlos Cambas ao piano. Foi a primeira vez e a música galega estivo presente nun dos festivais máis importantes do mundo, e o máis importante de América Latina. Bellón e Maceiras, con Cambas ao piano, interpretaron, entre outros temas, unha curiosa versión da muiñeira de Chantada. Non ten desperdicio...
Envía a túa opinión
Axentes da Brigada de Policía Xudicial de Ferrol-Narón veñen de deter a un varón de 48 anos, natural de Caracas (Venezuela), e veciño de Ferrol, como presunto responsable dun delito de estafa bancaria denominado “Phising”.
Envía a túa opinión
Manuel Monge presenta esta tarde en Ferrol o seu libro "A historia secuestrada polo franquismo". Durante o acto, que será de entrada libre e gratuíta, o autor estará acompañado por Francisco Pillado, de Edicións Laiovento, e polo historiador ferrolán Eliseo Fernández.