Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

A pianista xaponesa Mine Kawakami ofrece en Lugo un concerto inspirado no Camiño de Santiago

Cultura 04/09/2010
  Envía a túa opinión

A xira que a pianista xaponesa Mine Kawakami protagonizou este verán en Galicia chegará á súa fin mañá domingo na cidade de Lugo, onde ofrecerá un concerto gratuíto a partir das dez da noite na Praza de Santa María. As actuacións de Kawakami -quen pasou nas últimas semanas por Santiago, Pontevedra e Ourense- están enmarcadas dentro da programación do Camiño da Música do Xacobeo 2010.


Foto da presentación do libro onte en Vilalba

O fenés Pablo Bouza leva por segundo ano consecutivo o certame literario do Concello de Vilalba

Cultura 25/08/2010
  Envía a túa opinión

O fenés Pablo Bouza recibiu, por segundo ano consecutivo, o primeiro premio do Certame Literario de Vilalba, que organiza o Concello chairego e que está dotado con 3.000 euros. O seu poemario “Na intimidade do Azuoure” foi o elixido por parte do xurada desta XXXVI edición, e que estivo formado polo concelleiro de Cultura vilalbés, José María Leira Boado; o membro da Real Academia da Lingua Española, Darío Villanueva; Xosé Carlos Rodríguez; Fidel Fernández; director de Radio Principal e o xornalista Xulio Xiz. O segundo premio, dotado con 1.000 euros, foi a parar á obra “Nos labirintos da alma” do vilalbés Martiño Maseda de Vilalba.


Miguélez e Bermúdez na presentación do FIV 2010

A luz e a música do FIV tinguirá a miles de persoas de fucsia en Vilalba

Sociedade 18/08/2010
  Envía a túa opinión

Os asistentes ao Festival Independente de Vilalba (FIV) vivirán baixo a luz fucsia un dos eventos musicais do verán lucense. A partir das 22 horas do vindeiro sábado 21 de agosto, a praza da Constitución tinguirá a súa cara e a carpa do concerto desta cor como xeito de crear unha imaxe corporativa e que a música de Love of Lesbian, Estereotypo  Zentricc, os londinienses Eat More Cake e Zinc So! Teña un carácter especial.


As Mesnadas Mindonienses serán algúns dos protagonistas do fin de semana en Mondoñedo

Tres días de Idade Media en Mondoñedo

Sociedade 13/08/2010
  Envía a túa opinión

Unha das festas medievais con mais sona de Galicia terá o seu comezo hoxe a partir das 22 horas. Será na vila de Mondoñedo onde, durante toda a fin de semana, se xuntarán magos con cabaleiros, monxes, damas de alta alcurnia e servos baixo o xugo dos señores feudais mindonienses. A Praza da Catedral e o resto de rúas do municipio lucense acollerán artesáns, música, exhibicións de cetrería ou mesmo unha voda medieval, sempre regado cos mellores viños e coa mellor gastronomía.


Imaxe do Festival de Pardiñas do ano pasado

O Festival de Pardiñas cumpre 31 anos esta fin de semana

Cultura 05/08/2010
  Envía a túa opinión

Os días 6 e 7 de agosto a localidade guitiricense de Pardiñas acolle unha nova edición do seu tradicional Festival. Xosé Manuel Budiño será a estrela do cartaz deste ano, nunha cita estival na que a música manda e na que non faltará un espazo para a pintura, a escultura, a literatura e a fotografía.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros